Escaparate 16/2014: Libraría Cartabón (Feiras do Libro)
Gonzalo Pérez Nieves detrás do mostrador da Libraría Cartabón de Vigo na Feira do Libro de Lugo. Foto tirada do Facebook de Cartabón o 18 de maio de 2014.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6850 entries already.
Gonzalo Pérez Nieves detrás do mostrador da Libraría Cartabón de Vigo na Feira do Libro de Lugo. Foto tirada do Facebook de Cartabón o 18 de maio de 2014.
Participamos onte na presentación d’ A voz do vento, a novela de Pemón Bouzas, que se celebrou na Romaría das Letras do Barbanza organizada cada ano no Pazo de Goiáns de Boiro pola asociación cultural Barbantia. Gustei moito do modelo de festa popular desta romaría literaria, na que ao longo do día participan máis de […]
Escaparate d’ A Tenda dos Libros de Ponteceso con motivo do Día das Letras Galegas. Foto irada do Facebook d’ A Tenda dos Libros.
O título de dous libros literarios malogrou a que fora unha entrevista tranquila para Alberto Nuñez Feijoo en V Televisión. O seu compromiso epidérmico coa literatura galega púxose en evidencia cando (1:05:30) confundiu o título de Cantares gallegos e comparou as obras de Rosalía co título dunha novela. Nada que poida sorprender de quen tan escasamente se ten ocupado da industria […]
Afondando na cuestión xeracional, publico no suplemento nº 500 do «Faro da Cultura» (excelente traballo o de Xosé Ramón Pena e o seu equipo) un artigo no que cito os nomes dos que entendo as catro xeracións da narrativa galega contemporánea. Pido desculpas por se queda algún nome fóra, algo inevitable nunha relación de máis de […]
Documental ‘Nimbos de poesía’ from Cultura galega – Xunta on Vimeo. Un retrato entrañable e emocionante de Díaz Castro preparado por Xulio Xiz en 1987. Hoxe paga ben a pena recuperalo.
Escaparate da libraría Pedreira de Santiago con motivo do Día das Letras Galegas 2014. Foto tirada do Facebook da libraría o 15 de maio de 2014.
Escaparate da librería Cronopios de Pontevedra con motivo da presentación d´ A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz o 15 de maio de 2014.
Escaparate da libraría O Trasno Viaxeiro de Cacheiras, Teo, con motivo do Día das Letras Galegas 2014.
Este booktrailer con música de Ataque escampe é unha marabilla! Os televisores estrábicos, o primeiro libro de relatos de Ramón Vilar, chegará ás librarías o vindeiro 6 de xuño. Promete.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
