Escaparate 25/2014: Librería Cronopios (Santiago)
Escaparate da librería Cronopios de Santiago con motivo da presentación d’ A voz do vento de Pemón Bouzas. Foto tirada do FB da librería o 24 de xuño de 2014.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6850 entries already.
Escaparate da librería Cronopios de Santiago con motivo da presentación d’ A voz do vento de Pemón Bouzas. Foto tirada do FB da librería o 24 de xuño de 2014.
Interesoume moito o anuncio que coñecín onte da celebración en Carballo do 9 ao 11 de xullo do curso de verán «Para transmisión interxeracional do galego», organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa CTNL. Ninguén pode negar que as politicas lingüísticas actuais son incapaces de facerlle fronte ao imparable proceso de substitución lingüística, unha […]
Leo unha reportaxe desacougante de Cristina Huete sobre a situación precaria dos comedores escolares. Relátanse situacións tremendas, como a dos rapaces que non poden facer fronte ao copagamento sendo obrigados a almorzar nun recanto do comedor «un anaco de pizza da noite anterior ou unha peza de froita, mentres o resto dos seus compañeiros come quente«, […]
Acompañamos onte primeiro a Xabier DoCampo na homenaxe que lle rendeu a AELG en Castro de Ribeiras de Lea e despois, no serán, a Ramón Vilar Landeira na presentación en Cerceda d’ Os televisores estrábicos, o seu primeiro primeiro libro de relatos. Dous actos que moito pagaron a pena nos que celebramos a memoria do berce […]
Case un centenar de persoas participaron na presentación d’ A memoria da choiva de Pedro Feijoo na Adega Eidos. Na que Xaime Corral, libreiro da Librería Nós, organizadora e alma mater do acto, definiu como berce de albariño, na parroquia de San Xes de Padriñán, na lameira de Pedregal, apenas a cinco centos metros da […]
O presidente da Xunta compartiu co lehendakari e o presidente da Generalitat a bancada de convidados do acto de proclamación de Filipe VI. Unha fotografía que pasará á historia como mostra da corrección institucional de Mas e Urukullu, mais na que nós identificamos tamén que o futuro de Galicia, como comunidade histórica que é, dependerá […]
Os resultados da enquisa da Mesa pola Normalización sobre o uso do galego como lingua vehicular dos centros de Educación Infantil (o que inclúe o emprego de materiais didácticos en galego) testemuña o que xa coñeciamos: o Decreto de Plurilingüismo provocou a súa práctica desaparición en todas as cidades. Tras catro cursos de Política Lingüística de Feijoo, […]
Tras a presentación o venres do libro de poemas de Carlos Negro volvimos onte a Bertamiráns, a nova cidade de Ames, para acompañar a Alfredo Conde na de Chovida do ceo, a segunda novela protagonizada polo seu comisario Salorio, o que dera a coñecer en Ósos de santo. O café Ferlós da praza da Mahía […]
Presentamos onte no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal 2014, que celebraremos alí do 5 ao 7 de decembro. A ampliación do perímetro de Culturgal,coa incorporación de novos expositores, disciplinas (singularmente a cultura gastronómica), públicos e a ocupación de todos os espazos do recinto; a constitución dun foro de encontro de creadores de todas as disciplinas, […]
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a publicación de Arruídos o primeiro disco de Cantares do Brión. Arruídos é o nome dun cume de 709 metros de altitude situado na aba occidental da Serra do Galiñeiro. Pertencente á parroquia de Vincios no concello de Gondomar, na penichaira do monte de Arruídos, a […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
