Entradas por bretemas

Onte 1121: Cifras da edición galega en 2013

Despois do adianto do pasado verán dalgúns datos de facturación, por fin contamos coa edición completa do Comercio Interior del libro en España 2013, o estudo de referencia sobre o estado do sector editorial privado encargado pola Federación de Gremios de Editores de España e elaborado cos datos proporcionados polos diversos editores. Un informe que no conxunto […]

Onte 1120: Ksal, o pintor do traballo no mar

A presentación do serán de onte na libraría Cartabón de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto, enmarcada na iniciativa dos «Venres nas librarías», constituíu un acto de homenaxe a José Casal Cerqueira «Ksal», o pintor do traballo do mar, a quen Souto dedica o capítulo do libro titulado «O neno da curva de San […]

Onte 1119: En Lalín con «Zapatillas rotas»

Gran presentación no IES Laxeiro de Lalín de Zapatillas rotas, a quinta novela de Xabier Quiroga. O equipo da Biblioteca preparou unha presentación da súa lectura compartida e proxectou o vídeo da súa lectura acompañando ao autor. Celso Fernández Sanmartín «Celsiño» foi intercalando as súas intervencións memorables, textos orais coidadísimos que contribúen a enxergar unha […]

Onte 1118: O calendario de Suárez

Xa está á venda o Calendario Xerais 2015 dedicado este ano ao fotógrafo José Suárez. Como fixera con Ruth Matilda Anderson, a editora Celia Torres escolleu trece fotografías que constitúen unha magnífica escolma dos traballos realizados no Morrazo en 1935, probablemente correspondentes aos estudos previos da película Mariñeiros, rematada no exilio e que nunca se […]

Onte 1117: No Pelouro

Volvín ao Pelouro, a escola de Caldelas, o soño educativo de Juan Llauder e Teresa Ubeira. Participei na asemblea, na que cada alumno asume o seu proxecto para a xornada. Vivín a forza luminosa que comuncia Teresa en cada canción e cada palabra pronunciada con sentido escénico dun acto que sabe marcante para cada un […]

Onte 1116: Tintimán en Lugo

Entre as novidades para o público xuvenil lanzadas neste mes non podemos deixar de reparar nunha nova entrega de Tintimán, a serie de Jaureguizar protagonizada polo que se presenta como «o reporteiro máis novo de Europa e Indonesia». Desta volta o xornalista estrela do Diario Galego viaxa a Lugo para participar nunha das vodas celtas […]

Onte 1115: Stephen Hawking en Vigo

A visita de Stephen Hawking a Vigo constitúe un agasallo para a actual proxección de Vigo. A escala do Independence of the seas camiño de Southampton permitiu que o astrofísico británico fixera unha excursión a Compostela e ao seu regreso xantase na rúa das ostras. As fotos que fixo Xoán Carlos Gil para La Voz de Galicia de Hawking […]

Onte 1114: Premios da Crítica Galicia 2014

Non defraudaron os Premios da Crítica Galicia deste ano dos que coñecimos onte o seu ditame e nos que por vez primeira en trinta e sete edicións asistiu o presidente da Xunta de Galicia. É innegable que quedei fachendoso polos dous premios recibidos por libros publicados por Xerais, a gran novela de Xosé María Lema, que xa quedara […]

Onte 1113: Cuestión de tarxetas

A golfería do affaire das tarxetas negras de Caja Madrid lembra ao das máis cutres españoladas do cinema do tardofranquismo. Gastos en mariscadas, alcohol, lencería picante e puticlubs discretos, sen esquecer de cando en vez cargar a neveira no super, así como dispoñer de cartos de peto no caixeiro máis próximo do barrio. Barra libre para […]