Onte 1158: Chévere, premio nacional
A noticia da concesión a Chévere do premio nacional de teatro é magnífica, sobresaliente. Recoñécese a creatividade, capacidade de innovación e risco dunha compañía teatral en lingua galega capaz de resistir cunha proposta artística potente, creada en man común, no entorno da crise e da anemia brutal das políticas públicas no eido das artes escénicas. […]

