Pensar a Galiza pos-covid
Manuel Xestoso tivo a xenerosidade de facerme unha entrevista para Nós diario sobre as miñas reflexións sobre a Galiza pos-covid. Queda para o arquivo do blog.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6819 entries already.
Manuel Xestoso tivo a xenerosidade de facerme unha entrevista para Nós diario sobre as miñas reflexións sobre a Galiza pos-covid. Queda para o arquivo do blog.
No artigo da semana en Faro de Vigo volvo sobre a polémica da Área metropolitana de Vigo A sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo sobre a constitución da Área Metropolitana de Vigo (AMV), a pesar de que parece contentar ás partes litigantes, non vai modificar a paralización do ente supramunicipal […]
No Luzes 84 publico un 7 estralos sobre o regreso ao escola Covid-19: Tras a videoconferencia de presidentes do 7 de xuño, na que se estableceu a fórmula de reparto do fondo de 16.000 millóns de euros para ás CC.AA., dos que serían destinados a educación 2.000 millóns, Feijoo foi o único participante que solicitou […]
A reedición de Catro cartas (Xerais 2020) de Xabier P. DoCampo, ilustrada por Fino Lorenzo, lembroume a xestación de Sopa de Libros, a colección onde foi publicada a súa primeira edición por Anaya Infantil y Juvenil (2000). Un agasallo que Xabier fixera ao seu amigo o editor Antonio Ventura, entón responsable da colección, onde despois […]
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á celebración do Día europeo sen coches: Se hoxe collen algunhas das liñas H de Vitrasa (H, H1, H2, H3), as que acaban no Hospital Álvaro Cunqueiro, as viaxes sairanlles gratis, xa que o concello de Vigo e a concesionaria do transporte público celebran así o […]
Despois de seis meses sen saír de Vigo, onte viaxei á Coruña convidado polo Consello da Cultura Galega para participar xunto a Olivia Rodríguez, Marilar Aleixandre e Pemón Bouzas nun coloquio literario ao fío da inauguración da exposición Inventio Mundi na Fundación Barrié. Interesoume unha mostra de presentación clásica, paneis que conforman un libro, comisariada […]
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao adiamento do reinicio do curso en Secundaria O comezo do curso adíase en Galicia unha semana en ESO, Bacharelato e FP pola incapacidade da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade para regular en tempo e forma na organización da súa rede de institutos e colexios […]
Dedico o artigo semanal en Faro de Vigo ao debate entre o kitsch e o contemporáneo na cultura en Vigo Avanzada a remuda dun treito do bulevar da Gran Vía, xa apareceron os primeiros nomes cos que a cidadanía o bautiza co xenio da retranca viguesa. Entre os que coñecín gustoume moito o de «serpentín […]
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ás condicións de regreso á escola presencial: Non lembro nas últimas catro décadas un regreso ás aulas con maior nivel de incerteza e risco co do curso que comeza hoxe. Pasados case seis meses daquela abrupta interrupción provocada polo inicio da pandemia do Covid-19, que recluíu […]
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao centenario de Ray Bradbury e Isaac Díaz Pardo Non reparara até agora no feito de que Ray Bradbury e Isaac Díaz Pardo naceran ambos os dous o 22 de agosto de 1920 e morreran a comezos de 2012. Unha venturosa serendipia, como todas inesperada e […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
