«A cidade que le»
No artigo da semana, ao fío da celebración da Feira do Libro da Coruña e da apertura hoxe de Viñetas desde o Atlántico, comparo as políticas de lectura pública en Vigo e A Coruña.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
No artigo da semana, ao fío da celebración da Feira do Libro da Coruña e da apertura hoxe de Viñetas desde o Atlántico, comparo as políticas de lectura pública en Vigo e A Coruña.
Dediquei as horas de lectura destes días a debullar as catrocentas páxinas do ensaio de Xosé Ramón Quintana Garrido sobre a historia do BNG. Non podo agochar que me interesou moito este relato –Premio Ramón Piñeiro de 2008– sobre o difícil proceso percorrido polo nacionalismo galego contemporáneo. Gustei do enfoque adoptado polo autor que dende […]
Trafegando ronseis recupera hoxe algúns dos anuncios da mexicana Librería Gandhi. A verdade é que sempre me gustaron (uns máis ca outros) pola súa simplicidade e o seu carácter provocador. Particular interese ten a súa liña de bolsas, unha idea que podiamos emular os editores galegos. Velaí unha versión de «El dinosaurio« de Augusto Monterroso, […]
Tras a agotadora xornada de onte e senllas magníficas presentacións, hoxe volvemos á Torre para acompañar a Mar Guerra e a Xosé Neira Vilas nos seus actos. As primeiras impresións (xa adianto que moi pesimistas) recibidas dos libreiros apuntan a unha baixada nas vendas da primeira fin de semana con respecto ao ano anterior, a […]
Coñecín ao doutor Ánxel Vázquez de la Cruz un día de xuño de 1998 no restaurante Airas Nunes de Compostela. Foi el quen presentou O lapis do carpinteiro, a novela do seu amigo Manuel Rivas. Neste serán mudarán os papeis, e será o escritor Manuel Rivas quen presente o libro de relatos do seu amigo […]
No artigo da semana volvo sobre un dos fíos apuntados no artigo anterior, o da crise demográfica e o fenómeno da emigración dos mozos e mozas. Foime moi útil o Informe Mocidade e Emprego do Gabinete Técnico de Economía da CIG (recoméndoo, organiza os datos demográficos, educativos e de emprego). Actualización (10-08-2010): Agradecemos esta carta […]
Irene Bascoy, xornalista de Faro de Vigo, tiroulle da lingua ao presidente Feijóo e conseguiu algunhas importantes concrecións sobre o que serán os vindeiros recurtes do orzamento autonómico. Como é adoito en Feijóo fachendea na entrevista de ser o primeiro defensor da austeridade e dos recortes de políticas públicas, a pesar de que agocha coidadosamente […]
Magnífica presentación a do serán de onte. Medio centenar de persoas, entre as que estaban algúns bos amigos dos que descoñecíamos a súa vinculación con Carnota, ateigaron a sede da Confaría de Pescadores de Lira en Portocubelo onde presentamos Ao pé da Laxa da Moa, a recollida de literatura de tradición oral realizada por Antón […]
O domingo comezará a Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Nesta edición volvemos apostar por unha presenza intensa de Xerais nun evento que se consolida no interese do público e que comeza a chamar a atención dentro do sector da […]
Velaí a entrevista que me fixeron o pasado luns no programa Bos días da TVG. A conversa (máis de dez minutos) xirou arredor do concepto de lectura e das oportunidades e retos do sector editorial nun proceso de tránsito.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
