Só pensamos nunha cousa
Campaña de Abonados RC CELTA de VIGO 2010-2011 (Galego HD) from Boogaloo Films on Vimeo.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Campaña de Abonados RC CELTA de VIGO 2010-2011 (Galego HD) from Boogaloo Films on Vimeo.
Non é ningún segredo que o equipo actual da Consellaría de Educación gosta de anunciar as súas máis importantes medidas nas vacacións de nadal. Xa o fixo o pasado ano, cando presentou uns días antes do anovello o borrador do decreto de Plurilingüismo; faino este curso, aproveitando as xornadas de descanso do profesorado, para presentar […]
De Manel Fontdevila.
A Manuel Rivas, compañeiro de Brétema Hoxe estas brétemas chegan ao seu sexto aniversario. Dende aquela primeira anotación levamos publicadas 2.945 (332 neste sexto ano) e 7.933 comentarios (625 en 2010), o que consolida a tendencia apuntada xa o pasado ano dunha ralentización do ritmo de publicación no blog, ao tempo que un claro incremento […]
No artigo da semana de Faro de Vigo abordo a actual polémica aeroportuaria. Entendo que a esta altura as subvencións ás liñas aéreas non son defendibles e o que cómpre é un reordenamento dos tráficos entre as tres terminais interconectadas por ferrocarril. Poucos temas amosan mellor a ausencia dunha política de vertebración do territorio en […]
Hai dous anos que deixei de fumar. Tras ese período sen botar calada ningunha e tras trinta e cinco anos como fumador escasamente moderado –son dos que comecei a fumar celtas na adolescencia, cando nos iniciabamos tamén na política galeguista– a miña humildísima experiencia indica que fumar é un pracer (unha adicción, tamén) que se […]
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/0FnflOFfusM” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Bo ano Lois Pereiro! Procuremos a enerxía necesaria! Saúde, traballo e lectura galega para todos e todas. Con todos os abrazos e beizóns. [Únome á iniciativa de Marcos Calveiro, recuperando o tema «Narcisismo» de Radio Océano sobre un texto do poeta Lois Pereiro. Os meus queridos Oasis saberanmo perdoar.]
Magoadamente cumpríronse os peores agoiros e o chamado «Ano do Libro e da Lectura», declarado pola Xunta de Galicia, non o foi, nin sequera foi unha sombra daquel ano bonsai que previamos hai un ano. Magoadamente e moi ao noso pesar, nin houbo un programa específico de fomento da lectura, nin houbo un desenvolvemento do […]
A pesar do fraquísimo «Ano do Libro da Lectura» promovido pola Consellaría de Cultura, as experiencias de fomento da lectura en Galicia colleron en 2010 un importante pulo en Galicia. Entre todas elas destaca pola súa dimensión e enorme transcedencia o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), promovido dende o curso 2005/2006 pola Consellería […]
Sei que para moitos non son a persoa máis axeitada para considerar a Agustín Fernández Paz como a figura literaria do ano. Ademais de ser o seu editor, úneme con el unha fonda amizade e un seguimento da súa traxectoria autoral e profesional dende hai case trinta anos, razóns polas que dificilmente podo ofrecer obxectividade. […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
