2011, o ano de Pereiro, dos Bosques, da Química, do Alzheimer…

A celebración de efemérides («Ano de tal ou de cal») constitúe, ademais dun útil recurso didáctico, a posibilidade de orientar ao longo dun ano as políticas sociais, culturais e educativas públicas e privadas (sobre todo no eido da edición e da comunicación) cara a un tema, problema, personalidade, obra ou manifestación artística. A experiencia internacional e nacional demostrounos a súa eficacia como mecanismo de rescate ou sensibilización social, mais tamén que sen unha programación axeitada poden constituír o máis rotundo dos fracasos.

A pesar de todos estes condicionantes e do perigo de abusar na utilización deste recurso, non me resisto a enumerar algunhas das efemérides que celebraremos en Galicia ao longo deste 2011:

Ademais, 2011 será o ano antitabaco, o da inauguración da Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura,  ano de eleccións municipais (22 de maio) e outro ano máis da crise económica que ameaza con acadar os cinco millóns de parados en España e 237.000 en Galicia.

[Quizais poda quedarme atrás algunha outra, razón pola que moito agradece se enriqueza a anotación.]

4 comentarios

Trackbacks y pingbacks

  1. […] 2011, o ano de Pereiro, dos Bosques, da Química, do Alzheimer… bretemas.blogaliza.org/2011/01/09/2011-o-ano-de-pereiro-dos-…  por raxozorza hai 2 segundos […]

Los comentarios están desactivados.