Entradas por bretemas

De «La Oliva» a «El Miño»

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao xornal La Oliva: Ao fío do sequiscentenario de La Concordia, a pasada semana apenas citamos o xornal que o precedeu, La Oliva, publicación de espírito provincialista, aparecida en 1856 e con saída bisemanal, os xoves e os domingos, coa intención de rivalizar dende posicións liberais […]

Conversa con Cipriano Jiménez

Cipriano Luis Jiménez Casas (Pontevedra, 1941) é médico psiquiatra, psicanalista, escritor en lingua galega, director xeral e vicepresidente da Fundación Menela. Director de Maremagnum. Publicación galega sobre o trastorno do espectro do autismo, editada por Autismo Galicia, publicou 15 libros e 22 en colaboración. Conferenciante en seminarios, simposios e congresos sobre o trastorno do espectro […]

Reedicións

O anuncio dunha reedición ou dunha reimpresión dun libro expresa que por ventura a recepción do público lector superou as expectativas de venda inicial estimadas pola editora. Un feito que sempre merece ser celebrado e salientado, sobre todo en mercados cativos, como o do libro galego, onde a colocación de novidades nas mesas das librarías […]

Sequiscentenario de «La Concordia»

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao sequiscentenario de La Concordia e ao bicentenario do Semanario Patriótico de Vigo: Celebramos hoxe, 2 de maio, o sequiscentenario da aparición en 1873 do primeiro exemplar de La Concordia, o periódico de oficiosa filiación liberal, que serviu á política, primeiro de Eduardo Chao, despois de […]

A cabezada de Aidoo

Despois de noventa minutos nos que estragou unha decena de ocasións claras, unha xenial cacholada de pandullada de Aidoo, case a rentes do chan, dirixida ao pao esquerdo, tras unha oportunísima recuperación no recanto de Javi Galán e un centro cinco estrelas de Cervi, deixou ao Celta ás portas da permanencia virtual na primeira das […]

O Salón

Até o 7 de maio está aberto o XXIVº Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, a nosa festa da lectura cidadá. Centrado arredor do lema «Libros para xogar!», unha chiscadela agarimosa aos pedagogos italianos Francesco Tonucci e Gianni Rodari, o Salón tece redes con Colombia como país convidado, que presenta a súa […]

Vigo do libro

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á memoria da iniciativa editorial na cidade de Vigo: As primeiras imprentas de Vigo establecéronse a partir de 1822, ao abeiro do Decreto sobre liberdade de imprenta de 1810, coa intención de publicar as ordes oficiais e os primeiros folletos e libros. Do taller do valenciano […]

Feiras do libro

Coincidindo co Día do Libro comeza en Ferrol a xeira das Feiras do libro de Galicia organizadas pola Federación de Librarías de Galicia contando co patrocinio da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e dos doce concellos onde se celebran este ano. Creadas hai cinco décadas por libreiros comprometidos como Enrique Molist na Coruña […]

Soño roto

Na noite do pasado luns Javier Aguirre, o veterano adestrador do Mallorca, un dos mellores especialistas en xogar a non xogar, esa vella estratexia de pechar espazos e romper o ritmo do rival con continuas interrupcións e perdas de tempo, superou na pizarra táctica con claridade ao Carlos Carvalhal. Unha lección idéntica á que xa […]