Entradas por bretemas

Onte 892: Serviterra horta urbana

Acompañamos a Isa e María na inauguración da súa tenda de Eugenio Kraff, a rúa en lembranza do editor vigués de comezos de século, situada preto do estadio de Balaídos. Tras cinco anos especializadas na prestación de servizos de calidade nos eidos da enxeñaría técnica forestal, traballos vitivinícolas, xardinería e programas de educación ambiental, agora […]

Campo do Fragoso CXLIX

RELEVO Son oubiñista de corazón, admiro a Borja Oubiña pola calidade do seu xogo e polo incrible esforzo de vontade e disciplina que lle permitiu renacer como xogador de máximo nivel tras unha longuísima lesión. Porén, é inevitable recoñecer que ao longo dos últimos meses o noso gran capitán ofrece síntomas de que precisa relevo […]

Onte 891: «Os Gotten« en Andel

Na presentación d’ Os Gotten en Andel esmendrellámonos con Alfonso Álvarez Cáccamo e Gonzalo Navaza. As intervencións do autor e do chufador foron divertidísimas, un prodixio de creatividade lingüística e erudición literaria que nos deixou abraiados e abriu unha grande expectativa sobre a obra presentada. No seu discurso inicial, Navaza definiu o libro como «once relatos […]

Onte 890: A cultura galega, a nosa angueira

Tras un enriquecedor e sosegado proceso de análise e reflexión, a AELG, AGE e GALIX publicamos onte o texto A cultura galega, a nosa angueira co que expresamos o compromiso de tres das asociacións profesionais do sector do libro e da lectura en Galicia coa industria cultural de noso. Ás portas da celebración do Día […]

Onte 889: A ollada bretoa de Pemón Bouzas

Excelente foi a presentación que no serán de onte realizamos na Libraría Couceiro de Compostela de Novos pasos por Bretaña de Pemón Bouzas, o primeiro libro da colección Xerais Crónica que aparece coa etiqueta «Viaxes». Un acto que da man dos xornalistas Eva Millán, Xurxo Fernández e o propio autor constituíu unha exaltación dos lazos […]

Marea branca

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a situación da sanidade pública na provincia de Pontevedra. O éxito das manifestacións en defensa da sanidade pública, celebradas a pasada semana en Vigo e Pontevedra, testemuñan a preocupación cidadán pola deterioración da calidade deste servizo público esencial na provincia de Pontevedra ao longo dos últimos […]

Onte 887: Redondela rescata o Premio Blanco Amor

A iniciativa da concellaría de Cultura de Redondela de rescatar o Premio Blanco Amor de novela longa paréceme un auténtico milagre, unha beizón para a literatura galega que merece a nosa maior gratitude. Tras a renuncia dos tres concellos aos que lles correspondeu a organización da XXXIIª edición, semellaba que o Blanco Amor desaparecería, outra […]

Onte 885: Sen balón

Noutra noite memorable o Celta de Luis Enrique gañou contra prognóstico. Fíxoo sen balón, sofrindo un ataque constante do Vilarreal, valéndose como mellor estratexia dunha disciplina coral admirable, sen perder nunca a concentración defensiva nin a intensidade na presión nin a confianza nas súas posibilidades. O Celta foi un modelo de resistencia activa e solidaria, […]