Entradas por bretemas

Onte 982: Ana Miranda, unha extraterrestre

É desoladora a decisión adoptada pola Junta Electoral de eliminar ao BNG do espazo que os medios públicos galegos dedican á cobertura da campaña, a pesar de que a candidatura nacionalista obtivo en Galicia nas últimas eleccións europeas 103.724 votos. A efectos prácticos supón para o BNG perder os 27 segundos que tiña asignados dentro […]

Onte 981: Booktrailer ao servizo da literatura galega

Agradezo moito a agarimosa anotación publicada onte en Rede lectura sobre o esforzo de Xerais en publicitar libros para lectores e lectoras novas por medio da linguaxe audiovisual. A verdade é que aos pouquiños a editorial leva publicados xa máis dun cento de pezas audiovisuais, das que trinta son das que denominamos «booktrailers». Facémolo coa […]

Onte 980: Vintage Sargadelos

Coñecín onte o lanzamento dunha colección de xogos de café de Sargadelos, bautizada como «Vintage», unha reedición de tres modelos deseñados hai cincuenta anos por Díaz Pardo para Cerámica do Castro, as series Bimio, Cardos e Cactus. É unha magnífica noticia que Sargadelos, tras varios anos de parálise crítica, volva realizar o lanzamento dun novo produto con […]

Onte 979: Irene

Deille un colo a Irene. Apenas facía seis horas que nacera. No seu latexo sentín a fraxilidade do inicio dunha vida, unha desas experiencias marabillosas, marcantes e infrecuentes, que nos devolven ao máis primixenio da condición humana, a de sermos cadea de cariños e querenzas. Cando espertou entre uns chorares, aínda inexpertos, colleume o maimiño entre […]

Onte 978: Na Romaría das Letras do Barbanza no pazo de Goiáns

Participamos onte na presentación d’ A voz do vento, a novela de Pemón Bouzas, que se celebrou na Romaría das Letras do Barbanza organizada cada ano no Pazo de Goiáns de Boiro pola asociación cultural Barbantia. Gustei moito do modelo de festa popular desta romaría literaria, na que ao longo do día participan máis de […]

Onte 977: «Poemas galegos»

O título de dous libros literarios malogrou a que fora unha entrevista tranquila para Alberto Nuñez Feijoo en V Televisión. O seu compromiso epidérmico coa literatura galega púxose en evidencia cando (1:05:30) confundiu o título de Cantares gallegos e comparou as obras de Rosalía co título dunha novela. Nada que poida sorprender de quen tan escasamente se ten ocupado da industria […]

Xeracións, esperanza e continuidade

Afondando na cuestión xeracional, publico no suplemento nº 500 do «Faro da Cultura» (excelente traballo o de Xosé Ramón Pena e o seu equipo) un artigo no que cito os nomes dos que entendo as catro xeracións da narrativa galega contemporánea. Pido desculpas por se queda algún nome fóra, algo inevitable nunha relación de máis de […]