Entradas por bretemas

Onte 1949: «The Post»: let’s publish

A escena máis emocionante de The Post é cando Ben Bradlee, o director do xornal, chama á rotativa para poñer en marcha a impresión do xornal. Nese «let´s publish» resúmese a pulsión da afouta editora, Kate Graham, interpretada de forma maxistral por Meryl Streep, despois de vencer as presións e asumir en carne propia os perigos que […]

Marcó del Pont

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á figura de Buenaventura Marcó del Pont: Ao fío do artigo do pasado martes sobre Gonzalo de Vigo como un novo mito vigués a poñer en valor, varias persoas me comentaron como era posible que continuasen esquecidas outras figuras da nosa historia local como Buenaventura Marcó […]

Onte 1947: Premio Agustín 2017

A cerimonia de entrega no Auditorio de Vilalba do Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, outorgado á novela Fóra do normal de María Reimóndez, constituíu unha gran homenaxe ao autor d’ O rastro que deixamos. Durante máis de dúas horas catrocentas persoas participamos nun acto organizado con moito agarimo […]

Onte 1946: Fervenzas Literarias 2017

Coa súa puntualidade característica o anuncio dos premios Fervenzas Literarias abriu onte a rolda de galardóns anuais á obra editada en lingua galega e ao recoñecemento do activismo no sector editorial e da lectura en lingua galega. Uns premios outorgados dende 2007 por esta pioneira revista dixital literaria en galego, á que non é allea […]

Gonzalo de Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á figura de Gonzalo de Vigo: Gustoume o arranxo que a Autoridade Portuaria fixo nos peiraos de Cánovas del Castillo, situados fronte á dársena de remolcadores. Recupérase con bo criterio arquitectónico o edificio deteriorado dos tinglados pesqueiros para instalar alí empresas do sector e de servizos […]

A prol do tren moucho

Dedico o artigo da semana en Luzes a reclamar o tren atlántico nocturno: O ano comezou cunha subida do 3,1% das tarifas da AP-9. Viaxar en coche de Vigo á Coruña custa 15,50 euros en cada dirección, podendo beneficiarse as persoas usuarias dun desconto do 25% se utilizan a VIA-T e realizan a viaxe de […]

Onte 1945: «Tres anuncios nas aforas» de Martin McDonagah

O western é un xénero en constante revisión. Diciámolo ao fío de Comanchería e repetímolo agora con Tres anuncios nas aforas, o film de Martin McDonagah do que tanto se fala esta fin de semana de estrea. Un western moderno protagonizado por unha muller dura que pretende acelerar a investigación sobre o asasinato e a […]

Marco: «Winter is here»

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a situación crítica do Marco: Durante semanas no balcón do Marco apareceu unha faixa co texto «Winter is coming», unha intervención artística irónica cargada dun agoiro sobre o futuro do museo. Mais dende o domingo de Reis, o Marco está baleiro, despois de quince anos de brillante […]

Campo do Fragoso CCVI

NOTABLE Tras o gran derbi de Riazor, o Celta comezou 2018 con dous partidos notables fronte ao Barcelona e o Real Madrid. Dous empates que non fixeron xustiza ao xogo excelente ofrecido polo cadro de Juan Carlos Unzué que superou aos grandes en case todos os eidos. Mágoa que un erro de cobertura e uns […]