Entradas por bretemas

Onte 1977: «Galica en bus» de María Reimóndez en Andel

Fran Alonso, Ramón Nicolás e Susana Sánchez Arins presentaron onte na Libraria Andel Galicia en bus, o libro de María Reimóndez gañador da vixésima edición do premio Johán Carballeira de poesía convocado polo concello de Bueu. Un poemario que o director de Xerais definiu como «íntimo e social, persoal e político, atravesado pola experiencia de […]

Onte 1976: Presentación de «Falemos de caricatura» na Coruña

Acompañamos onte a Siro e a Félix Caballero na presentación do seu libro Falemos de caricatura no Espacio Lector Nobel da Coruña. Un acto que constituíu, tamén, unha humilde homenxe a Siro, como pai da caricatura xornalística galega, ao tempo que unha reivindicación do humorismo gráfico galego como unha das expresións máis xenuñinas das artes visuais. […]

Onte 1975: Presentación de «Contra Todo Isto» no Tamberlick

Serán memorable o de onte no que nas escaleiras do Tamberlick, o teatro circo vigués onde se celebrou a terceira das asembleas das Irmandades da Fala, en abril de 1921, presentamos Contra Todo Isto, o libro-manifesto de Manuel Rivas. Máis de cen persoas participaron nun acto organizado por Xerais e Librouro no que co megáfono […]

Onte 1974: Ramón Chao, escritor rebelde

Coñecín a Ramón Chao hai apenas dezaseis anos, da man do editor Carlos Díaz Martínez co que compartiu tantos días parisinos. Dende entón, Ramón tratoume como ese amigo de toda a vida que de cando en vez chamaba para dar novas dende París da súa máis recente tatuaxe, o que sabía era equivalente a publicación dun […]

Campo do Fragoso CCXIII

POUCO QUE CELEBRAR Cunha vitoria merecida diante do Levante rematou unha tempada na que o Celta de Juan Carlos Unzué ofreceu a súa afección poucos motivos para celebrar.  Os catro goles de Iago Aspas e Maxi Gómez, a extraordinaria parella de goleiros nosos, autores de corenta dos cincuenta e nove tantos celestes desta liga, aliviaron […]

María Victoria Moreno e a lingua galega

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a María Victoria Moreno: O 17 de maio homenaxeamos a María Victoria Moreno, cidadá galega á que moito lle amolaba ser considerada como «unha autora estremeña (Valencia de Alcántara, 1939), que escribía en galego». E abofé que a catedrática pontevedresa tiña razóns para salientar a súa […]

Onte 1972: «Mar adiante», fermosa edición facsímile do Consello da Cultura Galega

O meu amigo, o editor Xosé García Crego, ensinoume a valorar as edicións facsímlies como un xeito de homenaxear á creación e á edición a un tempo. Ao coidado de Crego, director de Produción de Xerais durante máis de tres décadas, saíron algunhas das mellores edicións facsimilares de libros galegos da historia, respectuosas co formato, […]

Onte 1971: «Lucky» ou cando a vida esmorece

Lucky, ópera prima de John Carrrol Lynch, ademais dunha extraordinaria despedida actoral de Harry Dean Stanton, o Travis de Paris, Texas (1984), é unha alfaia sobre como encarar a morte cando sabemos que a vida esmorece. Western filosófico de beleza austera e música engaiolante, Lucky relata os últimos días dun ateo solitario e nonaxenario que […]