Entradas por bretemas

Galicia, un relato no mundo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á exposición «Galicia, un relato no mundo», comisariada por Manuel Gago e instalada no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura: A exposición temporal «Galicia, un relato no mundo», instalada no Museo centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, no marco da celebración do ano […]

Onte 2054: «Machines Like Me», unha das mellores novelas de Ian McEwan

Ian MeEwan cre que a novela é a forma artística mellor para plasmar o interior da mente humana, e por ende, para representar na ficción os conflitos inherentes ao comportamento dos seres humanos. Ás portas da publicación de The Cockroach, a súa sátira do Brexit, con Machines Like Me (2019) – edición portuguesa en Gradiva […]

Onte 2053: «Libro dos manifestos» de Manuel Rivas

Volvín da xuntanza do padroado da Fundación Luzes lendo no Libro dos manifestos (Luzes, 2019) de Manuel Rivas. Un volume no que se reúnen os textos editoriais publicados na revista Luzes, que Rivas codirixe con Xosé Manuel Pereiro, dende a súa aparición en decembro de 2013. Depósitos de esperanza vibrantes,  chamadas contra a adversidade en […]

Onte 2052: «Carrusel» de Berta Dávila

Deixoume abraiado Carrusel de Berta Dávila, o primeiro libro que lin no que vai de ano. Este premio García Barros 2019 de novela é unha auténtica peza de ourivaría, tanto pola fluidez e beleza hipnótica dun relato de autoficción como pola afouteza da escritora compostelá para abordar con naturalidade temas tan complexos como a doenza […]

Onte 2051: Brétemas 15 anos

Tal día como o de onte de hai quince anos comecei a publicar este blog. Dende entón publiquei 6.101 anotacións das que 138 corresponden o último ano, unha cifra moi baixa, semellante a do pasado, que expresa tanto a persistencia da miña fatiga dixital como a preferencia na miña actual vida profesional de priorizar a […]

Feliz 2020: «Fade Away»

 Despedimos o 2019, un ano no que a pesar de manter unha actividade pequena do blog non queremos estragar a cadea e celebramos o serán de San Silvestre cun tema de Oasis, o dos irmánciños pelexados de Manchester. E facémolo con «Fade Away», na súa recente edición con motivo do vinte e cinco aniversario […]

Vai con sentidiño

Dedico o derradeiro artigo do ano en Faro de Vigo á escolla de «sentidiño» como palabra galega do ano: «Sentidiño» é a palabra galega do ano 2019 escollida por votación popular entre as usuarias do Portal das Palabras, espazo didáctico e de apoio léxico na rede da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Entre […]

Árbore dos desexos (conto de nadal)

Neste día de noiteboa publico en Faro de Vigo un conto de nadal que dedico aos meus coles: Ás comunidades das escolas de Laredo e Cedeira No meu cole celebramos o pasado venres o cotillón de fin de ano. Ás doce en punto compartimos as doce badaladas na pantalla da aula de usos múltiples. Vestímonos […]