«Vigo necesita máis voces que luces», entrevista en «Nós diario»
Moi agradecido a Mario Regueira pola entrevista que me fixo para Nós Diario. Beizóns!.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6838 entries already.
Moi agradecido a Mario Regueira pola entrevista que me fixo para Nós Diario. Beizóns!.
Ian MeEwan cre que a novela é a forma artística mellor para plasmar o interior da mente humana, e por ende, para representar na ficción os conflitos inherentes ao comportamento dos seres humanos. Ás portas da publicación de The Cockroach, a súa sátira do Brexit, con Machines Like Me (2019) – edición portuguesa en Gradiva […]
Volvín da xuntanza do padroado da Fundación Luzes lendo no Libro dos manifestos (Luzes, 2019) de Manuel Rivas. Un volume no que se reúnen os textos editoriais publicados na revista Luzes, que Rivas codirixe con Xosé Manuel Pereiro, dende a súa aparición en decembro de 2013. Depósitos de esperanza vibrantes, chamadas contra a adversidade en […]
Deixoume abraiado Carrusel de Berta Dávila, o primeiro libro que lin no que vai de ano. Este premio García Barros 2019 de novela é unha auténtica peza de ourivaría, tanto pola fluidez e beleza hipnótica dun relato de autoficción como pola afouteza da escritora compostelá para abordar con naturalidade temas tan complexos como a doenza […]
Tal día como o de onte de hai quince anos comecei a publicar este blog. Dende entón publiquei 6.101 anotacións das que 138 corresponden o último ano, unha cifra moi baixa, semellante a do pasado, que expresa tanto a persistencia da miña fatiga dixital como a preferencia na miña actual vida profesional de priorizar a […]
Acompañei onte a María Xosé Porteiro na presentación no Corte Inglés de Santiago da segunda edición de Sándalo, a súa novela sobre a emigración galega en Cuba. Dende o título, que fai referencia a esta madeira dunha árbore sagrada que conserva sempre o seu arume, todo nesta novela evoca a memoria do que permanece, a […]
Despedimos o 2019, un ano no que a pesar de manter unha actividade pequena do blog non queremos estragar a cadea e celebramos o serán de San Silvestre cun tema de Oasis, o dos irmánciños pelexados de Manchester. E facémolo con «Fade Away», na súa recente edición con motivo do vinte e cinco aniversario […]
Dedico o derradeiro artigo do ano en Faro de Vigo á escolla de «sentidiño» como palabra galega do ano: «Sentidiño» é a palabra galega do ano 2019 escollida por votación popular entre as usuarias do Portal das Palabras, espazo didáctico e de apoio léxico na rede da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Entre […]
Neste día de noiteboa publico en Faro de Vigo un conto de nadal que dedico aos meus coles: Ás comunidades das escolas de Laredo e Cedeira No meu cole celebramos o pasado venres o cotillón de fin de ano. Ás doce en punto compartimos as doce badaladas na pantalla da aula de usos múltiples. Vestímonos […]
Emocioneime onte na presentación nos Multicines Norte de Eroski/Paraíso, esoutra proeza de Jorge Coira e Xesús Ron. Unha «comedia underground», como foi definida polo director chairego nas súas primeiras palabras, que afonda nas orixes do desarraigo e do alleamento da xeración nosa, a dos galegos e galegas que temos hoxe entre 5o e 65 anos. […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
