Entradas por bretemas

Vigo metropolitano primeiro

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao conflito do transporte metropolitano de Vigo A resolución do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1, que admite a querela interposta polo concello de Redondela en 2018, cando era alcalde Javier Bas (PPdeG), solicitando que fose eliminado o requisito do empadronamento para poder obter a tarxeta […]

Cuerda e a escola das bolboretas

Souben esta mañán do pasamento do meu admirado José Luís Cuerda, un home cabal e un cineasta sensible e acedamente retranqueiro. Hai pouco mais dun ano dedicáballe un agarimo nestas brétemas a raíz de Tiempo después, o que será a derradeira liña dun catálogo selecto dunha ducia de películas. Coñecino hai quince anos nunha presentación […]

Colmeiro no Marco

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á exposición de Colmeiro no Marco comisariada por Carlos L. Bernárdez: O pintor Manuel Colmeiro conta nunha entrevista que lle fixo Carlos G. Reigosa que cando chegou a Vigo en xuño de 1926 procedente de Bos Aires quedara moi impresionado: «Carai, Vigo é azul». Unha lembranza […]

45 anos de «Vagalume»

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo aos 45 anos que se fixeron da aparición do primeiro número da revista infantil Vagalume: Unha das sorpresas dos meus Reis deste ano foron sete exemplares da primeira etapa de «Vagalume», un agasallo dun meu amigo moi xeneroso que coñece a miña paixón polas publicacións infantís […]

Onte 2065: «A morte de Galicia», ensaio sobre avellentamento e emigración

Resultou moi interesante o debate que arredor da aparición do libro A morte de Galicia (Xerais, 2019) mantiveron na bilioteca da EMAO o historiador Isidro Dubert, o editor da obra, e a socióloga Antía Pérez Caramés, unha das coautoras. No marco do ciclo «Repensar Galicia» organizado polo Ateneo Atlántico de Vigo propuxémoslles que reflexionasen arredor […]

Encrucillada viguesa

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a reflexionar sobre o bloque interinstitucional que sofre Vigo Non me pasou desapercibida a ausencia do alcalde de Vigo na entrega no Teatro Afundación dos Premios da Cultura Galega 2019 nin tampouco que o presidente da Xunta de Galicia utilizase a súa intervención neste acto para […]

Onte 2064: «Non hai espellos nos manicomios», a autobiografia de superación de Antonio Tizón

Non hai espellos nos manicomios. Antonio Tizón, biografia dunha superación from Arraianos Producions on Vimeo. Antonio Tizón agasalloume onte un exemplar de Non hai espellos nos manicomios (Arraianos Producións, 2019), o libro que forma parte dun proxecto multimedia de edición estendida arredor da súa propia biografía. Dirixido e coordinado por Aser Álvarez, con banda sonora orixinal […]

Onte 2063: Café de Redacción con Néstor Rego

Iniciamos onte na Coruña as actividades da Fundación Luzes con Café de Redacción con Néstor Rego. Conducido por Xosé Manuel Pereiro, os xornalistas Manuel Rivas, Soniza Vizoso, Anxo Luxilde e Marcos Sanluis preguntaron durante máis de hora e media ao deputado do BNG no Congreso sobre as cuestións máis polémicas da axenda galega. O acordo […]