Entradas por bretemas

Onte 2126: Xela Arias tradutora, catálogo actualizado

Tiven onte a fortuna de participar como moderador da mesa redonda Letra a letra con Xela Arias. Colaboración e tradución, organizada pola Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Hora e media intensa da primeira homenaxe á #XelaAriasTradutora na que participaron tres tradutoras que colaboraron con ela hai trinta anos, Lidia Iglesias Izquierdo, […]

Onte 2125: «Dicionario irreal para un país imposible» de Xavier Seoane

Había tempo que tiña interese por comentar o Dicionario irreal para un país imposible (Xerais 2020) de Xavier Seoane, o libro galego máis orixinal e atractivo dos impresos o pasado ano. Unha obra inserida na cultura dicionarista de Xerais, a editora galega que leva ofrecido o catálogo máis amplio e continuo deste tipo de obras. […]

Nogueira, escultor de Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á recuperar a memoria do escultor Camilo Nogueira Martínez: Sempre que me preguntan cal é o meu lugar favorito para facerme un retrato respondo que a carón da parella de anxelotes termando do escudo de Vigo de Camilo Nogueira da beirarrúa voada do Paseo de Afonso. […]

Onte 2124: «Cobiza», a novela de ciencia ficción de Reimóndez

Dende a súa primeira novela, O caderno de bitácora (Positivas, 2004), María Reimóndez non volvera utilizar os recursos narrativos ofrecidos polo xénero da ciencia ficción para deitar unha ollada de grande angular sobre o presente. Faino agora na novela Cobiza (Xerais, 2021), Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual de xénero 2020, coa intención de […]

Onte 2123: O peso da lix no sistema editorial galego

Deixo no arquivo do blog a presentación que utilicei onte na intervención telemática nas xornadas organizadas por Gálix en colaboración co Consello da Cultura Galega. A encomenda de estimar o peso da literatura infantil e xuvenil galega no actual sistema editorial galego axudoume a volver sobre estudos anteriores de edición, que comezara nos anos noventa. […]

Non pare a festa

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á celebración do entroido na covidia: A Concha Núñez, lectora de Faro de Vigo, que mañá cumpre 100 anos Cando nos hospitais aínda se sufren as terribles consecuencias duns poucos irresponsables que a custe de ferro e fariña quixeron salvar o seu Nadal, temos xa ás […]

Onte 2122: «Os Minimortos. Criando malvas» de Ledicia Costas

Ledicia Costas continúa en Criando malvas (Xerais 2021), a segunda entrega da serie «Os Minimortos», o espírito mais xenuíno dunha aventura no Outro Barrio, protagonizada pola panda de Petunio, Maya, Dinamito, Pochiña e Penoso. Narrada pola voz autorizada da Curuxa, que voa do mundo dos vivos ao mundo dos non vivos, a panda ponse en […]

Onte 2121: «Os paxaros e outros poemas» de Daniel Salgado

Pelexando e retorcendo a linguaxe, no seu libro máis recente, Os paxaros e outros poemas (Xerais 2021), Daniel Salgado ofrece unha visión transversal sobre a natureza nun momento político de retracción (ou derrota provisional) «no que clase obreira se desintegra impasíbel». O autor de Éxodo (Xerais 2006) e  Dos tempos sombrizos (Xerais 2013) reune agora  […]