Entradas por bretemas

Onte 2136: «Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde»

Os amigos Xurxo Martínez González e David Rodríguez Rodrígiez, autores de Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde (Xerais 2021), solicitáronme o prólogo dunha obra que me entusiasmou e recomendo vivamente: Lendo nas páxinas destas Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde non puiden evitar que as lembranzas xurdisen sen procuralas no pouso deste relato protagonizado por […]

Onte 2135: «santoamaro», o magnífico Premio Jules Verne de Antonio M. Fraga

Consegue Antonio M. Fraga con santoamaro (Xerais 2021), premio Jules Verne de literatura xuvenil 2020, darlle unha volta de porca literaria á chamada «novela de instituto» mesturando de forma natural á narración e o teatro. A orixinalidade na escolla dunha estrutura hibridada entre a novela e peza dramática, a localización espacial e temporal precisa,  a […]

Onte 2134: «Cadernos persoais» no 25 cabodano de Lois Pereiro

Tras a celebración do ano Lois Pereiro (2011) quedara pendente a edición dos cadernos de viaxe e das notas do diario dos seus derradeiros meses. Asumido inicialmente por Xerais, que encargara a Héctor Cajaraville a transcrición, edición e anotación dos textos, culmínase agora o proxecto editorial da man da editorial Chan da Pólvora, cando este […]

Onte 2133: «Xela Arias. Os territorios da liberdade», a biografía de María Xesús Nogueira

A profesora da USC e crítica literaria María Xesús Nogueira, editora da Poesía reunida (1982-2003) de Xela Arias (Xerais 2018), é autora de dúas da semblanzas literarias máis completas da autora homenaxeada este 17 de maio: a incluída nesa decisiva recompilación poética e as (auto)rreferencias e contornas que introducen e pechan os textos da antoloxía […]

Xela Arias, editora pioneira

Agradezo a Manuel Xestoso o convite a participar cun texto sobre Xela Arias editora no excelente monográfico de Sermos Galiza: No segundo parágrafo de Non te amola! (Galaxia 2021), texto no que dende a voz dunha rapaza de nove anos rememora os días de infancia, Xela Arias lembra que «na [súa] casa os estantes rozan […]

A primeira páxina poética de Xela Arias

O escritor Henrique Rabunhal convidoume a participar no volume Xela Arias: liberdade, subversión, innovación,  número 20 do Caderno de estudos Xerais da A. C. Irmáns Suárez Picallo: «Un século,  un día, un minuto, un nada» Antes da publicación en Dorna 3 (1982) de «Vin… / … unha árbore no canto dunha lúa preñada de soños…», […]