A encrucillada do adianto
No artigo da semana reflexionamos sobre o máis que posible adianto electoral, as súas causas e a súa pertinencia.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
No artigo da semana reflexionamos sobre o máis que posible adianto electoral, as súas causas e a súa pertinencia.
Una lectora nada común, a noveliña de Alan Bennet, é unha fábula coa que me divertin un pedazo. Qué sucedería se os políticos, neste caso a raíña Sabela de Inglaterra, se convertesen en lectores voraces? Esta comedia sen grandes pretensións propón unha reflexión sobre o poder subersivo dos libros literarios, da lectura e da escritura, […]
Francisco Rodríguez Iglesias, un dos editores máis veteranos e importantes do país,afírmao de xeito contundente: “Canto máis crise hai, máis libros se venden“. Confiemos no prognóstico de tan experimentado editor.
No artigo da semana reflexiono, a partir do recordo do cincuentenario da gravación da primeira canción da Bossa Nova, sobre o que entendo debera ser unha nova actitude do galeguismo.
Onte viaxamos á Coruña para participar na primeira xornada da Feira do Libro. A presentación do libro de Herminio Barreiro foi moi divertida. Herminio estaba moi falador e, aproveitando a presenza entre o público de Xosé Fernández Ferreiro, contou unhas cantas anécdotas dos anos de Brais Pinto en Madrid, que non aparecen no libro. Escachamos […]
Que magnífico cartel! No festival presentaremos o novo libro de Fran Jaraba.
Vía Tokland chego a esta interesante anotación de David de Ugarte sobre a morte da lectura profunda, sintagma que faría referencia referencia ao tipo de lectura que acotío facemos sobre as pantallas: rápida, zapeada, transversal… Ugarte, citando un artigo de Nicholas Carr, considera que “leemos más que nunca, pero no nos abstraemos en un texto […]
Decepcionoume un chisco. Lera moitas cousas pola rede promocionando este novo buscador, preparado por ex-estrelas de Google, aparecido onte. Ás buscas, se lle engade, como contexto, outras de carácter semántico (o que parece, algo bastante interesante). Seguirémolo probando.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
