Entradas por bretemas

Onte 270: Xerais web

Dedicamos unha intensa xornada a puír a nova web de Xerais, que nos deseñou o Estudio de Pumpún Dixital, esa factoria viguesa de Internet de Chiu Longina e Berio Molina. Un traballo magnífico! Tratamos de actualizar completamente a identidade dixital da editorial, mudamos o deseño do blog e da web corporativa, creamos o xermolo do […]

Onte 269: O Celta co galego

Balaídos fala galego dende hai décadas. O serán do ascenso foi outra manifestación da lealtade e respecto do Celta co noso idioma, xa que a lingua galega foi a vehicular na festa do ascenso. A cartelaría e sinalética, as intervencións do animador, dos membros de «A Roda» e do resto dos grupos musicais, foi todo […]

A sanidade, pública

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da manifestación en Compostela «Na defensa e pola mellora dsa sanidade pública», reflexiono sobre a situación deste sector público esencial: Ao longo das nosas vidas, acumulamos experiencias positivas da sanidade pública que, en liñas xerais, ofrece con eficacia e eficiencia un servizo de grande calidade. […]

Onte 268: Premios da Crítica Galicia

Abrimos a web dos Premios da Crítica Galicia, outro dos proxectos en man común nos que me sinto orgulloso de participar. A renovada Fundación  –da que turra con enorme xenerosidade, dende hai trinta e cinco anos, o editor Bieito Ledo– é un espazo plural, independente e interxeracional que pretende acrisolar a tradición dende o diálogo […]

Onte 267 Carteis para celebrar o cincuentenario

As primeiras xuntanzas dos xurados dos Premios Xerais 2012, impedíronme participar no fermoso acto organizado pola RAG nos coruñeses xardíns de san Carlos para presentar «A volta ás Letras en cincuenta días». 50 deseñadores e 50 autores crearon 50 carteis nos que se homenaxea a cada un dos escritores que protagonizaron o 17 de maio, […]

Onte 266: Contrato cos ausentes

As entrevistas da Última da edición impresa de La Vanguardia adoitan ser memorables. Onte non desmerecía a que publicou El País con Daniel Innnerarity. O filósofo vasco poñía o dedo sobre a chaga para diagnosticar o tempo presente con algunhas afirmacións luminosas que merecen ser arquivadas: «O que non entendo é como non nos mandan […]

Onte 265: Illa soidade

Xa perdín conta dos meses que ese home leva vivindo nun escaparate de Urzaiz, á altura da parada onde collo o vitrasa cada mañá. Camiña moi pouco, axudado por un caxato, apenas para botar algún lixo ao colector ou para baleirar no sumidoiro a botella dos seus ouriños. De cando en vez fala cun transeúnte […]