Entradas por bretemas

Onte 300: Cartas a un descoñecido

Souben da novelesca aparición do Códice Calixtino mentres preparaba a redacción do texto de cuarta de cuberta de Eu,pel, a primeira novela xuvenil de Teresa González Costa, que publicaremos no mes de setembro en Fóra de Xogo. Non é doada para min a escritura destas apenas quince liñas nas que presentamos diante dos potenciais lectores […]

[Gabrile Zaid, «El negocio de las conferencias» en «Letras libres»]

A verdadeira mensaxe dunha conferencia é que a houbo, como diría McLuHan.

Onte 299: O sector editorial retrocede

O avance do estudo de Comercio Interior do Libro 2011, preparado pola Federación de Gremios de Editores de España, amosa a crise da edición en España. O conxunto do sector retrocede na súa facturación un 4,1% con respecto ao ano anterior, situándose nas cifras de 2002. Diminución que en número de exemplares é do 12,5%, […]

[Josep Pla, citado por Antón Baamonde na presentación de «A derrota de Galicia», 02-07-2012]

Unha persoa intelixente distingue o que é do que non é, e non entre o que é e o que deberia ser.

Onte 298: En vías de extinción

Na dobre sesión do primeiro serán da Feira do Libro de Vigo presentamos En vías de extinción, a máis recente novela de María Reimóndez. Un texto escrito cos fíos da vida, aínda que, como sinalou a autora, «non ten un carácter biográfico». Protagonizada por Gaia, unha profesional da tradución e interpretación cun sistema de valores […]

Grande Agustín

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á figura de Agustín Fernández Paz. A homenaxe nacional ao escritor Agustín Fernández Paz, celebrada o sábado en Vigo e organizada pola plataforma ProLingua, amosa que outra Galicia é posible. Fronte á rixidez da axenda pública institucional, deseñada pola Xunta de Galicia e das institucións culturais, […]

Onte 297: Mis líos europeos

Ademais do bo xogo e da pallona do equipo de Del Bosque, o mellor da noite de onte foi a entrevista que Sara Carbonero fixo a Mariano Rajoy. As palabras do presidente galego identificando o rescate e a situación da prima de risco con «mis líos europeos» pasarían á historia daquela Iberia show do tardofranquismo. […]

[Agustín Fernández Paz, 30-06-2012]

Co traballo dende as aulas podemos cambiar o mundo.