[Avelino Pousa Antelo, agosto de 2010]
A voz de Castelao era simpatiquísima, tiña unha maneira de falar que transcendía humanismo, simpatía, transcendía cariño cara todo o que significase Galicia, a terra galega e a nosa cultura.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6821 entries already.
[Avelino Pousa Antelo, agosto de 2010]/en Citas, Galeguismo, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemas
A voz de Castelao era simpatiquísima, tiña unha maneira de falar que transcendía humanismo, simpatía, transcendía cariño cara todo o que significase Galicia, a terra galega e a nosa cultura.
A figura de Avelino Pousa Antelo convoca simpatía unánime en sectores sociais ben diferentes da sociedade galega porque simboliza o galeguismo pacífico até o lirismo, ao que convocaba Castelao na súa Alba de Gloria. O pasamento do mestre don Avelino, un carballo case centenario sempre ao servizo da causa de Galicia, supón que politicamente se […]
Foi unha xornada marabillosa a que gozamos nas Fragas do Eume. Ao mediodía visitamos a primeira edición do ETNOeume, unha feira de cultura tradicional xenuína, de auténtica estirpe, cunha importante presenza dos xogos populares e das actividades económicas artesanais. Unha organización comunitaria, baseada na participación veciñal, que constitúe unha alternativa ao modelo neofolclórico das chamadas […]
No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a necesidade de incluír o arranxo dos espazos de xogos para a rapazada dentro das políticas de humanización urbana. Unha das cuestións nas que máis adoito reparar cando visito por vez primeira unha cidade é como están organizados os espazos de xogo para a rapazada. […]
SABOR AGRIDOCE No regreso a Primeira gustoume o Celta, a pesar dese resultado tan ruín e decepcionante que supón encaixar un gol cando faltaban apenas seis minutos para o tempo de desconto. Con todo, o marcador foi xusto xa que este Málaga de Champions de Pellegrini procurou con maior convicción a vitoria que o Celta […]
Foi unha marabilla participar do entusiasmo co que a bancada celeste asumiu o regreso a Primeira. A pesar do resultado tan ruín e da decepción de enviar ao longueiro un balón no derradeiro minuto, o xogo do Celta foi moi esperanzador. #EstamosdeVolta e comezamos as rotinas da liga e do novo curso escolar. Tempus fugit.
Como é adoito cada 17 de agosto lembrouse na Caeira o fusilamento de Alexandre Bóveda, o que foi o motor organizativo e medula política do Partido Galeguista da Frente Popular. Unha lembranza imprescindible para manter o facho da memoria republicana de Galicia, como a que se volverá acender mañá 19 en Cacheiras para recordar a […]
Parabéns a Ramón Nicolás e Iago Nicolás polo excelente booktrailer de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
Dentro do excelente labor de ampliación da oferta de obras traducidas para o galego realizado dende 2005 por Rinoceronte Editora, a colección de novela gráfica dirixida por Breixo Harguindey é un dos seus maiores acertos. Tras a publicación de Persépole e Na procura de Ed o Riseiro, a do Contrato con Deus de Will Eisner, en magnífica […]
VilaWeb lévame a un interesante artigo de Teresa Iribarren en Núvol, un dixital de cultura en catalán, cuxa tese é sinxela de resumir: hoxe no mundo a catalá é «a lingua de Guardiola». O comportamento lingüístico do adestrador de Sanpedor, instalado decote no catalán, mais con expresión moi fluída en inglés e español, permitiu á […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
