Entradas por bretemas

Onte 369: Prolingua

Foi unha afortunada coincidencia que en xornada tan salientable coma de onte, Prolingua anunciase a celebración da súa asemblea o vindeiro sábado en Teo e abrise nova web, un espazo virtual moi atractivo que facilita novas liñas de traballo compartido, ao tempo que ofrece espazo para as voces dos seus membros. Xuntanza na que se debaterá un chamamento […]

Onte 368: Libro electrónico

Andando ás voltas estes días co traballo sobre os nosos libros electrónicos, ven ao caso esta peza polaca na que se homenaxea o Manifesto  de El Lissitzky 1923, nacido nun momento de tránsito, tamén, como o que hoxe vivimos. Cal é o modelo de libro electrónico que queremos? Serán as posibilidades técnicas, tamén posibilidades creativas?

Onte 367: Ensinantes con xitanos

Os organizadores das XXXII Xornadas de Ensinantes con Xitanos convidáronme a pronunciar unhas palabras en lembranza de Xoán Vázquez, un dos promotores da asociación Chavós. O acto resultou moi interesante. Gustoume escoitar o relato que fixo Ana Veira –mestra de Ferrolterra e secretaria de Chavós até a súa desaparición en 2007– da experiencia de traballo […]

Onte 366: Un ano de «Onte»

Hai xustamente un ano decidín iniciar un dietario dixital, baixo o título de «Onte», onde recollese algunhas reflexións de actualidade política, social e cultural, ao tempo que relatase en primeira persoa os acontecementos públicos nos que participo. A experiencia supuxo para min asumir tanto un reto diario de reflexión como respectar unha disciplina de escrita […]

Onte 365: A narrativa xuvenil

Dentro das actividades do IX Curso de Formación Continua As Literaturas Infantís e Xuvenís Ibéricas presentamos o libro A narrativa xuvenil (2000-2011), coordinado por Blanca Roig, Isabel Soto e Marta Neira. Outra nova achega da Rede Lijmi que consolida unha biblioteca de referencia sobre a LIX ibéricas, tanto no que atinxe aos estudos monográficos como […]

Onte 364: «Mongolia»

Merquei o número de setembro de Mongolia. Formidable, como os catro anteriores, equilibrando no seu xusto punto a ironía, o humor satírico político e esas noticias verdadeiras que a forza de non aparecer nos medios convencionais semellan as máis extravagantes. Unha publicación que é auga de maio entre tanto aburrido conformismo. Confésome fan desta revista […]

Onte 363: Internet e tv, soportes da campaña

Feijoo está preocupado porque percibe que o PP de Galicia ten escaso peso en internet. Afeito aos parabéns e delicadezas da maior parte da prensa en papel editada no país e aos aloumiños dos medios públicos, recrimina ás Novas Xeracións «a súa escasa implicación na rede a prol dos intereses do seu partido». Alén de […]

Onte 362: Por unha nova axenda para o sector do libro

Comparto a preocupación de Joaquín Rodríguez sobre o futuro do sector do libro. Dende hai meses, a crise de consumo comeza a bater de forma desoladora sobre as vendas de edición xeral nas librarías, as devolucións increméntanse (un feito que xa recoñecemos todos os editores e libreiros), aumentando a dependencia de ambos os dous sectores […]