Onte 369: Prolingua

Foi unha afortunada coincidencia que en xornada tan salientable coma de onte, Prolingua anunciase a celebración da súa asemblea o vindeiro sábado en Teo e abrise nova web, un espazo virtual moi atractivo que facilita novas liñas de traballo compartido, ao tempo que ofrece espazo para as voces dos seus membros. Xuntanza na que se debaterá un chamamento aos partidos e organizacións políticas sobre o futuro da lingua galega con motivo das eleccións do 21-0, ademais de elixir a súa Cerna de dirección e aprobar o seu programa de actuacións futuras. Sen dúbida, outro chanzo máis no traballo en man común, tan firme e discreto como sereno e constante, desta plataforma apartidaria e plural de defensa e promoción da lingua galega da que nos enorgullecemos en participar.

1 comentario
  1. ac
    ac Dice:

    “Foi unha afortunada coincidencia que en xornada tan salientable coma de onte,” Dende logo alguien sacara redito. O politicos catalans son asi, o mesmo din k non merecemos o tren, k intentan romper co estado, e por ende ca “caixa unica”, k e o k me preocupa mais a estas alturas da miña vida.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará