Entradas por bretemas

Onte 946: Montoro e as ONGs

Ao ministro Cristóbal Montoro moléstalle que as ONGs denuncien a pobreza e a desigualdade que abre unha fenda cada vez máis dolorosa e miserable na nosa sociedade. Non tivo problema ningún en asegurar que os informes de Cáritas Europa (igrexa católica), que situaban a España como o segundo país con maior pobreza infantil, «non se […]

Cultura corsaria

No artigo da semana en Faro de Vigo, a partir dos datos publicados polo Observatorio da Piratería e hábitos de consumo de contidos dixitais, reflexiono sobre o futuro da distribución do contido dixital. A publicación do informe correspondente ao ano 2013 do «Observatorio de piratería y hábitos de consumo de contenidos digitales» amosa que en España […]

Onte 945: 14 de abril

Ademais da crítica á ilegalidade do golpe de estado do 18 de xullo, de denunciar a impunidade do franquismo coas súas vítimas, de criticar os privilexios da figura de El-Rei e do proceso de restauración borbónica iniciado coa Reforma Política, mal chamada Transición, como do esgotamento do actual marco constitucional, interésame da efeméride do 14 de abril, sobre todo, a posibilidade […]

Onte 944: «Luzes» no taxi

Subo nun taxi e atopo na bolsa do asento varios numeros da revista Luzes a disposición do viaxeiro. Marabilla! O taxi como espazo para a lectura sosegada entre o rebumbio da cidade revolcada. Eis unha fórmula inédita de fomento da lectura e de xanela para a visibilidade do xornalismo impreso de calidade. Cando vou pagar […]

Campo do Fragoso CLII

PUNTAZO DE DIGNIDADE A intensa arrincada da Real Sociedade agoiraba un partido moi difícil para o Celta, ao que nunca lle sentou moi ben o horario do café vespertino. Os galegos tardaron vinte minutos en chegar a pisar a área pequena rival, cando xa os txuri urdin aseñoraban o xogo, coa táboa de marcas por […]

Onte 943: nic.gal

A de onte pasará á historia externa da lingua galega por ser a data na que pasou a produción en probas o primeiro espazo web con dominio punto gal. Un fito senlleiro para o futuro do idioma galego na primeir ametade do século XXI, que así consolida a súa presenza singular na rede. Un proceso […]

Onte 942: A vontade dos editores galegos

Cando convocamos a reunión de editores galegos para debater sobre a situación actual do sector descoñeciamos que coincidiría coa publicación da licitación por seis millóns de euros da plataforma e dos contidos dixitais para a experimentación dun modelo educativo sen libros impresos no programa Abalar, que agoira a desaparición do sector da edición educativa en Galicia, […]

Onte 941: A gran escritora cega

A noticia do falecemento de Sue Townsend lembroume a lectura das primeiras entregas do Diario secreto de Adrian Mole, cuxa tradución galega publicamos en Fóra de Xogo hai máis de quince anos. Townsend, escritora de familia traballadora de Leicester, para min foi sempre a mellor cronista da sociedade inglesa popular, aquela que coñecimos hai tres décadas, a […]