Entradas por bretemas

Onte 1325: Baixa de «El País»

Démonos de baixa como suscritores de El País. Tras o peche das dúas páxinas de Galicia e o cese das «Últimas» dos sábados de Manuel Rivas xa non hai razón ningunha para continuar apoiando o xornal de Cebrián. Unha decepción! Durante décadas nas páxinas de El País seguimos o fío do tempo contemporáneo e de moitos […]

Onte 1324: Proba de terceiro

As características da proba de avaliación para o alumnado de terceiro de primaria, prevista en Galicia para os días 27 e 28 de maio, marcarán a orientación da Reforma Educativa LOMCE promovida polo Partido Popular, centrada máis sobre os procesos de avaliación externa ca sobre os de construción de aprendizaxes significativas e avaliación continua. Acerta […]

Onte 1323: O XXI, século da lectura

O escritor César Antonio Molina, director da Casa del Lector, pronunciou a conferencia da terceira edición do Reimprímete, o foro que o Clúster do Produto Gráfico e a Asociación Galega de Editores organizan cada ano para facer un seguimento do proceso de hibridación do libro e do produto gráfico. As fermosas e documentadas palabras do que foi ministro […]

A Comercial de Príncipe

Dedico o artigo da semana de Faro de Vigo a homenaxear a Papelería Comercial que despois de 98 anos en Príncipe 25 pecha as súas portas o xoves 14 de maio. O pasado sábado merquei por derradeira vez media ducia de cartuchos de tinta de cores e un par das miñas libretas dun cuarto acartonadas na […]

Onte 1322: Filgueira por Filgueira

Da mesa redonda de onte no Club Faro de Vigo sobre Filgueira Valverde quedei co excelente retrato humano que Fernando Filgueira Iglesias fixo do seu pai. Fernando comezou atribuíndo a precocidade do seu pai á fortuna de ser alumno de Losada Diéguez, Castelao e contar cunha serie de «mestres gratuítos», entre os que citou a Iglesias Vilarelle, […]

Onte 1321: Candidato desaparecido

O quite de Jorge Portela López, candidato de Ciudadanos (C’s) á alcaldía de Vigo, tenme moi intrigado. O caso é que este asesor fiscal en plena campaña electoral esta desaparecido por «motivos persoais», non participa en actos públicos e o seu partido apenas realiza «unha campaña puramente informativa a pé de rúa para dar a coñecer […]

Onte 1320: Máis alá da resistencia

Gustoume moito que a entrega no Círculo das Artes de Lugo dos premios da AELG 2015 constituíse un alegato esperanzoso máis alá da resistencia, como sinalou sabiamente a xornalista Tarexia Navaza, xa que «resistir non é perder nunca a esperanza». Unha actitude que destilaron as palabras que lin de Agustín Fernández Paz, no momento de agradecer o […]

Onte 1319: Tras a feira de Compostela

Finalizada a nosa participación na Feira do Libro de Compostela podemos expresar xa a nosa insatisfacción polo seu resultado. A escasa afluencia de público nas xornadas laborables e a moi baixa asistencia nas presentacións, coma o cativo número de casetas (catro librarías xeralistas, dúas especializadas, a dos Editores de Compostela e a do Ministerio de Defensa) expresan a […]

Onte 1318: Dragal e a edición estendida

Na presentación de onte na Feira do Libro d’ A estirpe do dragón, a cuarta entrega de Dragal, o produtor Julio Casal anunciou importantes novidades sobre o desenvolvemento multimedia da saga fantástica de Elena Gallego. Ficción producciones axiña publicará un cómic dixital interactivo de Dragal preparado por David Rubín e Carlos Portela. O guión da película xa está sendo preparado por […]

Onte 1317: Literatura da esperanza

A presentación onte na Feira do Libro de Compostela de Funambulistas, o libro de relatos de Mercedes Leobalde, gañador do Premio Ánxel Fole 2014, coincidiu felizmente coa publicación dunha anotación de lectura do escritor Antón Riveiro Coello. «Un texto fresco e ben orixinal que está a altura da nosa mellor narrativa curta», afirma o autor […]