Entradas por bretemas

Onte 1942: Brétemas 13 anos

Hai trece anos inicie a publicación destas Brétemas. Dende entón publiquei 5.832 anotacións das que apenas 210 corresponden ao último ano. Por moi diversas razóns persoais e profesionais, entre as que non foi allea unha certa fatiga dixital, este foi o período de máis baixa actividade do blog, sobre todo da serie “Onte”, outrora diaria, […]

Hai futuro para a edición infantil e xuvenil en galego

No número de decembro de Tempos Novos publico este artigo sobre a situación da edición infantil e xuvenil en galego: Os datos da Panorámica de la edición española de libros 2016, o informe máis recente elaborado cos datos da oficina do ISBN, acenden o piloto de emerxencia para a edición galega: o número de inscripcións […]

Rondallas de Reis

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo ao fenómeno das Rondallas de Reis e a anulación do certame metropolitano deste ano 2018: Sorprendeume gratamente ver estes pasados días de fin de ano a actuación na rúa do Príncipe e no Parque Camilo José Cela do magnífico Rancho de Reis da Asociación Veciñal e Cultural Casco […]

Feijoo: transferencias cero

Dediquei o derradeiro artigo do ano para Luzes ao desinterese de Feojoo na negociación das transferencias pendentes de desenvolvemento estatutario: Se non mudan moito as cousas, Alberto Núñez Feijoo pasará a historia da autonomía como o único presidente da Xunta de Galicia que non pechou non seus mandatos traspaso ningún de competencias. E outrosí, trinta […]

«Wonderwall» ao xeito Cooltrane

Despedimos o 2017 un chisco desacougados, mais non queremos estragar a cadea do blog e celebramos o serán de San Silvestre cun tema de Oasis, os rapaces pelexados de Manchester. E como sabemos que para conservar a tradición precisa de mudanzas, escollín esta versión jazz de «Wonderwall» na voz da cantora arxentina Karen Souza, incluída no disco […]

Onte 1941: Querido maldito editor

Apareceu onte por Facebook á famosa reportaxe que Juan Cruz publicara en 2012 sobre as difíciles relacións entre autores e editores. Ao fío da que mantiveron Thomas Bernhard e o editor de Suhrkampf Sigfried Unseld, abalando sempre no gume da amizade e do odio, entre a fronteira do amor e a dor, Cruz recaba as […]

Onte 1940: «Afouteza» 2017

O feito de que «afouteza» fose escollida como palabra galega do ano polo Portal das Palabras da Real Academia Galega, tamén a máis buscada no seu dicionario en liña, expresa a influencia decisiva da publicidade e do mundo do deporte para achegar connotacións positivas o uso da nosa lingua. Como xa se ten salientado, documentada dende o […]

Mulleres no rueiro

Dediquei o artigo da semana no Faro de Vigo ao empoderamento das mulleres e a reclamar un rueiro paritario nas nosas cidades: 2017 foi un ano de empoderamento das mulleres. Unha nova esperanzadora no entorno dun tempo de incerteza e conformismo. Trinta e nove anos despois que Marilyn Gloden acuñara o termo “teito de cristal”, referido ás […]

Onte 1939: «Morir», a conmovedora película de Fernando Franco

Morir, a segunda película de Fernando Franco, demostra que o cine, ademais dun medio de lecer, pode ser unha poderosa ferramenta de reflexión sobre a propia vida. Este de Franco é un relato amargo dunha viaxe emocional provocada pola irrupción inesperada do cancro que descompón a unha parella para enfrontala ao qué entenden por amor. Unha […]

O legado de Belgrano

Dediquei o artigo do domingo en Luzes á venda do Centro Gallego de Bos Aires: O caso da venda do Centro Gallego de Bos Aires, situado en Belgrano 2189, explicouno Xosé Manuel Pereiro nunha das súas crónicas hiperbóreas (marabillosas) en CTXT. Abonda con reiterar ao seu relato que coa a posible venda do Centro por corenta e […]