Fomento da lectura, unha nova fronteira para o libro
Rematou onte con grande éxito o intensísimo e emocionante simposio arredor do Fomento da Lectura organizado pola Asociación Galega de Editores. Polo seu indubidable interese recollemos o documento de conclusións. Un texto importante que pregamos sexa divulgado.
O FOMENTO DA LECTURA: UNHA NOVA FRONTEIRA PARA O LIBRO
1/ A lectura é unha actividade imprescindible para crear cidadáns libres, críticos e formados, e o seu fomento constitúe unha necesidade para romper as fronteiras que restrinxen o libro e a lectura e que non permiten que o seu acceso sexa un ben de carácter universal.
2/ O labor dos medidadores hoxe é máis necesario ca nunca e o seu papel debe ser valorado, reinvindicado, promocionado, escoitado e profesionalizado.
3/ É imprescindible que a lectura forme parte da axenda pública (administracións, medios de comunicacións, programas políticos, etc) e adquira a notoriedade que lle corresponde nunha sociedade do século XXI.
4/ Para falar de fomento da lectura é fundamental entender o papel social que encarna da lectura pública e, moi notoriamente, o papel das bibliotecas. A rede galega de bibliotecas públicas, e todo o sistema bibliotecario galego, debe ser impulsado e fortalecido.
5/ Os novos tempos fan necesaria a creación dun novo tipo de lector, que é o lector social. Hai que entender a lectura desde unha óptica máis global, máis social, afrontando os retos do futuro, que sintetizarán a lectura impresa e a ciberlectura.
6/ Cada vez máis, no ámbito do libro e da lectura, é necesario crear lectores, non consumidores de libros. Xa que logo, o proceso de selección neste tempo determinado polo mercado, é imprescindible. Non vale calquera libro.
7/ As bibliotecas escolares son centros de recursos fundamentais para o fomento da lectura e o adestramento no acceso e selección da información. Parece necesario dotalas de recursos humanos con horario e dedicación específica para o profesorado implicado. Tampouco podemos esquecer que, como dicía Gabriel Zaid, o principal problema da lectura está nos universitarios que non len. Tamén parece necesario, pois, impulsar universidades lectoras.
8/ No reto da lectura evidénciase como unha necesidade a recuperación, para a familia, da responsabilidade da educación a través a transmisión da lectura como un acto cotián, íntimo e entrañable, que ademais tamén constitúe unha inversión educativa.
9/ O hábito da lectura fundaméntase a través de accións continuadas, dirixidas a favorecer o hábito lector e a achegar o libro e a lectura ás persoas. Nese sentido, dubidamos da eficacia das grandes campañas publicitarias que consumen presupostos desmesurados.
10/ A Asociación Galega de Editores expresa o seu compromiso co fomento da lectura e, moi especialmente, cos seus mediadores, apostando por afrontar os retos de futuro que o libro, a lectura e a cidadanía deste século demandanan a fin de crear un mundo máis libre, máis consciente e máis xusto.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2010






Acabei a miña feira visitando a correr o pavillón arxentino e dedicando apenas a derradeira hora dispoñible ao pavillón alemán. Arxentina presentouse cun deseño minimalista, cheo de pantallas (con información turística) e cunha exposición de libros non moi grande. O máis fermoso do pavillón era unha proxección múltiple sobre a silueta do país presentando os monumentos principais das distintas provincias arxentinas. Encheume de fachenda comprobar que na exposición de «Libros de Argentina» estaba o exemplar que enviaramos da 

A de onte foi a xornada da
Aproveitamos a tarde para manter un encontro cos responsables da Oficina Danesa de Literatura (un modelo a emular, como o da oficina irlandesa, a xaponesa ou a taiguanesa) e de paso coñecer algunhas das novidades do pavillón 6. Camiño do encontro comprobamos a expectación que continúa creando no público alemán Gunter Grass, na conversa que mantiña no sofá azul da cadea 2DF. Outra mostra do interese dos medios de comunicación, sobre todo das emisoras de radio e televisión, por esta feira, vivida como un acontecemento gozoso polo público alemán, Unha envexa!
Como adiantabamos onte, o xoves foi o día do Nobel na Feira. Debeu ser a providencia laica a que aconsellou ao Grupo Santillana organizar o seu cóctel á mesma hora na que en Estocolmo se anunciaba o Nobel de Literatura. Un estourido de voces anunciou alí o nome de Vargas Llosa, hoxe o autor primeiro (co permiso de Pérez Reverte) de Alfaguara. Decontado lembrei o que acontecerá aquí en Frankfurt cando llo concederan ao Jose Saramago, no ano no que Portugal foi convidada de honra. Nunca esquecerei a faciana de ledicia do editor de Caminho, Zeferino Coelho, quen onte tamén abeizoaba a Ángeles e Pilar, as editoras de Alfaguara que acompañan o traballo do narrador peruano, para elas onte tan inaccesible a pesar das repetidas chamadas a Manhattan. Alfaguara será o grande gañador deste Nobel que permitirá que o novo libro do Nobel, La maldición del Celta, chegue ás librarías nos primeiros días de novembro cunha tirada entre os 300 e os 400 mil exemplares, segundo escoitamos onte ao primeiro executivo da editorial.
A presenza na Feira do Libro de Frankfurt sinala para min o comezo do outono. Tamén será así na edición deste ano dedicada a Arxentina e protagonizada pola presenza do IPAD no imaxinario de moitos editores e nalgúns, poucos, dos espazos do famoso pavillon 4.2 dedicado á edición dixital (especialmente) educativa que agardo poder visitar hoxe co maior vagar posible.
Ao fío dos nosos 