Entradas por bretemas

Ledicia e Antonio, Vigueses Distinguidos

Dedico o artigo da semana no Faro de Vigo ao nomeamento de Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro como Vigueses Distinguidos: O nomeamento de Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro como Vigueses Distinguidos constitúe para eles como poetas e narradores vigueses unha merecida honra da corporación do seu concello, que moito orgulla a Vigo na […]

O Marco de Caballero

No artigo de Luzes da semana reflexiono sobre a crise do proxecto do Marco como Museo de Arte Contemporánea: Foi a do Marco unha morte anunciada desde que Iñaki Martínez Antelo, o director deste proxecto museístico durante máis dunha década, anunciou a súa marcha. Non abondaron a recollida de seis mil sinaturas da Agrupación Amigos […]

Onte 1959: «Thelma»

Desde unha memorable escena inicial, que comprenderemos transcorrida unha hora da metraxe, até a coidada resolución do misterio no lago xeado, Thelma do noruego Joachim Trier é un drama fantástico de beleza visualmente perturbadora. Na tradición escandinava da mesturar a intriga psicolóxica de carácter realista coa introdución de elementos fantásticos, Trier reconstrúe unha historia de […]

O túnel de Elduayen

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a proposta de peonalizar a rúa Elduayen: Na presentación de «Camiñar no Vigo vello», o novo libro de Pedro Feijoo, que na sexta feira pasada reuniu a un cento de persoas na Casa-Torre de Pazos Figueroa, unha das marabillas máis antigas da cidade, situada na antiga […]

Campo do Fragoso CCIX

SEDE DE FÚTBOL Hai derrotas agredoces que teñen sabor a empate e hai empates que destilan o sabor amargo da derrota. Este foi o caso da igualada do serán de onte que deixa ao Celta máis lonxe do seu obxectivo europeo e ao Málaga como pechacancelas, case sen posibilidade ningunha do milagre da salvación. Un […]

Memoria do Vigo vello

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a aparición de Camiñar o Vigo vello, o novo libro de Pedro Feijoo: Lendo nas páxinas de «Camiñar o Vigo vello» (Xerais 2018), o paseo pola historia da cidade que propón o escritor Pedro Feijoo, lembrei cantos domingos baixei os cento dezaseis chanzos das escaleiras de […]

Onte 1958: «The Journey»

Interesoume The Journey de Nick Hamm, unha ficción política na que se especula sobre o sucedido no encontro privado que en 2006 mantiveron o líder do Sinn Fein Martin McGuinnes e o unionista Ian Paisley. Unha trama atractiva que converte a este duelo dialéctico entre as posicións históricas do conflito irlandés nunha avaliación das posibilidades de superación […]

Onte 1957: “Pioneiras” de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, presentación na Libraría Lume

Moita xente participou onte na Librería Lume da Coruña na presentación de Pioneiras. Galegas que abriron camiño, o libro de Anaír Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz. Ás portas da folga feminista do 8 de marzo, no acto estivo sempre presente a humilde contribución deste álbum ilustrado, dirixido a todos os públicos, ao proceso colectivo de procura […]

O Son do Camiño

Dedico o artigo da semana en Luzes ao festival O Son do Camiño: Os fastos do Xacobeo 2021 de Alberto Núñez Feijoo comezaron esta semana cun éxito esmagador. Os vinte mil abonos do festival O Son do Camiño, que se celebrará no Monte do Gozo na fin da semana do 28 ao 30 de xuño, […]