Entradas por bretemas

Entrevista en «Aulas Libres»

Os amigos Emilio Xosé Ínsua e Lois Pérez tiveron a paciencia e a xenerosidade de entrevistarme para o número 11 de Aulas libres, a revista de pensamento, información e debate do STEG: Entrevistamos neste número de Aulas Libres un novo compañeiro do noso sindicato, Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959), como xeito de lle dar a […]

Vigo cidade vagalume

A revista A Movida convidoume a colaborar na edición impresa deste mes de decembro, onde publiquei unha versión reducida deste texto: A imaxe que proxecta unha cidade é un compoñente esencial da súa identidade e un referente para a súa cidadanía. Unha imaxe que no caso de Vigo, durante tantos anos a cidade da oliveira, […]

As cavilacións de Bieito Ledo

Dedico o artigo da semana no Faro de Vigo a Cavilacións, o libro de memorias literarias do editor Bieito Ledo: Bieito Ledo acaba de publicar «Cavilacións» (Ir Indo, 2018), un fermoso libro de memorias que continúa o rego aberto hai unha década de reivindicación literaria de Padroso, a súa aldea natal, situada na parroquia de […]

Castelaos maxistrais

Dedico o artigo da semana no Faro de Vigo as exposicións protagonizadas por Castelao abertas en Santiago de Compostela: «Castelao maxistral» no Centro Gaiás da Cidade da Cultura e «Alba de Gloria. Experiencia» en San Domigos de Bonaval: Están abertas en Santiago de Compostela dúas extraordinarias exposicións protagonizadas por Castelao, a figura política e cultural […]

Antón Pulido, mestre

No número 34 de Ágora do Orcellón, a revista do Instituto de Estudios Carballineses, dedicada a homenaxear ao pintor Antón Pulido, publico esta pequena achega sobre o meu admirado mestre da kermesse: Fun afortunado de ter amigado na última década con Antón Pulido, o pintor que coñezo que mellor se ten asomado á complexidade da […]

Onte 1997: Lembranza de Xabier DoCampo en Lume

Viaxamos onte á Coruña para participar na homenaxe a Xabier DoCampo organizada pola Libraría Lume. Durante case dúas horas, ao mediodía, á mesma hora na que se celebraba a tertulia á que acudiu Xabier durante dúas décadas, máis de medio cento de amigos e amigas recordamos unha figura humana irrepetible, que non pode ser esquecida, […]

Onte 1996: Encontro pola Cultura

Confeso que non agardaba que se ateigase o amplo salón de actos do IES Politécnico no Encontro pola Cultura organizado onte polo Ateneo Atlántico e outras entidades culturais viguesas. Unha convocatoria cidadá na que se pretendía tomarlle o pulso a situación actual da cultura en Vigo abrindo tres liñas de reflexión: a xestión e os […]

Xouba City e Percalinópolis

Dedico o artigo semanal no Faro de Vigo a propoñer, a raíz da publicación da novela de Xurxo Souto, A gran travesía de Chiruca Macallás, a irmandade entre as cidade sde Vigo e A Coruña: Foi Urbano Lugrís, o pintor surrealista nacido na Coruña, que procurou porto en Vigo nos derradeiros anos da súa vida, […]