Entradas por bretemas

Onte 2069: «O Chispas», o novo libro infantil de Manuel Rivas

Cando comecei as lecturas dos días de confinamento volvendo sobre O lapis do carpinteiro (1998), a traxedia curativa de Paco Comesaña e Chonchiña, que dúas décadas despois comprobei mantiña toda a viveza dun clásico, non imaxinaba que os remataría gozando coas páxinas d’ O Chispas, a entrega máis recente da ourivaría de Manuel Rivas. Velaí […]

Onte 2068: «Galicia contada aos non galeguistas» de Manuel Veiga

Entre as novidades de Xerais que quedaron agochadas polo estado de alarma rescato Galicia contada aos non galeguistas, un ensaio con afán de alta divulgación do noso admirado Manuel Veiga. Un libro desmitificador, de espírito heterodoxo como aquel pioneiro Galicia, bonsai atlántico de Manuel Rivas ou das obras recentes coordinadas por Isidro Dubert, sobre todo […]

Sé xenial en Internet

O Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE) colabora coa Policía Nacional e a Fundación de Ayuda contra la Drogadicción (FAD) no proxecto de Google «Sé Xenial en Internet». Unha iniciativa coa que se pretende axudar a nenos e nenas e a adolescentes a facer un uso seguro e responsable da tecnoloxía, así como apoiar a familias e docentes no aproveitamento […]

Contos para a diversidade

O período de confinamento impediu a realización este curso no noso colexio da Semana da inclusión prevista para o mes de maio. Un programa de actividades concibidas para que toda a comunidade educativa fomente e asuma os valores da non discriminación, respecto e tolerancia, apreciando a diversidade como un valor presente en todas as persoas. […]

O legado de Ricardo Carvalho Calero

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao legado de Ricardo Carvalho Calero: Despois de agardar décadas pola celebración dun dezasete de maio dedicado á figura de Ricardo Carvalho Calero, as circunstancias excepcionais da pandemia do Covid19 obrigaron a adiar as homenaxes institucionais da Academia Galega até o outono, coincidindo coa data do […]

Educación non presencial. Decálogo para familias

O primeiro espazo educativo é a familia. Logo a escola. A situación de confinamento continuado na casa das crianzas durante xa máis de dous meses debería converterse nunha oportunidade para reconsiderar o papel fundamental da familia na súa educación. As familias deberían considerar esta longa corentena na que os escolares están lonxe das aulas como […]

Sobre «Fortnite» e outros videoxogos

Con certeza que durante estes meses de confinamento os rapaces e rapazas incrementaron o tempo dedicado aos videoxogos, xa que son os xoguetes dixitais preferidos dende a preadolescencia (9/10 en diante). Os videoxogos forman parte principal da industria do lecer electrónico, hoxe por volume de negocio a primeira industrial cultural do mundo, por diante da […]

50 anos do «Polycommander»

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao cincuentenario da marea negra do Polycommander: Hai medio século da semana inesquecible do Polycommander, que marcou a memoria da miña xeración. Todo comezou cando o petroleiro noruegués de 230 metros de eslora, pretendía saír da ría pola canle Norte. Ás catro e vinte da madrugada […]

Poñémonos de netiqueta

Participar na comunicación dixital precisa da súa netiqueta. Ou noutras palabras, existen unha serie de regras de boas maneiras que regulan o noso comportamento cando utilizamos o correo electrónico, cando lemos e comentamos nos blogs ou cando participamos nunha conversa simultánea escrita (nun «chat» dun servizo de mensaxería instantánea) ou virtual («videoconferencia»). A primeira netiqueta […]

Información accesible para todos e todas

A lectura fácil, procedemento que pretende facer todo tipo de textos máis comprensibles, afecta tanto á presentación da información escrita, electrónica, en vídeo como en audio. Inclusion Europe, a asociación europea de persoas con discapacidade, elaborou un manual no que se recollen as regras europeas para facer información fácil de ler e comprender, sendo hoxe […]