Entradas por bretemas

Onte 2120: «Non pare a festa» para celebrar o Entroido

Non pare a festa from Xerais on Vimeo. O editor Ramón D. Veiga e o ilustrador David Sierra tiran do fío do novelo que deixaron co álbum É tempo de entroido (Xerais 2018) para convocar nas páxinas de Non pare a festa (Xerais 2021) a outro grupo de máscaras do Entroido popular galego, na súa […]

Santa Liberdade

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao secuestro do Santa María e a lembrar a figura de Xosé Velo: Na madrugada do 22 de xaneiro de 1961, o transatlántico portugués Santa María da Compañía Colonial de Navegación, que facía a liña de Caracas a Lisboa e Vigo, desapareceu en augas internacionais do […]

Onte 2119: «Un século, un día…», primeira páxina poética de Xela Arias

Seguindo o fío que deixou Valentín Arias na súa biobliografía de Xela Arias, revisei onte devagariño a hemeroteca d’ A Nosa Terra de 1982, até que din co que considero, até agora, a primeira páxina poética publicada pola autora viguesa. Titulada como «Un século, un ano, un día, un nada…», dividida en catro partes e […]

150 anos de recheos

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo aos recheos da ría de Vigo: A Autoridade Portuaria de Vigo (APV) anunciou en novembro que o Ministerio para a Transición Ecolóxica autorizou a ampliación da explanada anexa ao porto pesqueiro para dar garantías sanitarias preventivas fronte ao Covid-19 ás actividades portuarias. Apenas un eufemismo administrativo […]

Onte 2118: «Interna» de Oriana Méndez

 Escrito durante o período de confinamento estrito, Interna, o libro de poemas de Oriana Méndez, gañador do Premio AFundación 2020, é unha viaxe, un tránsito polos territorios propios e máis descoñecidos da perda, ese fondo sen fondo onde se esculcan as sombras e os fantasmas dos medos e da propia morte, «na fatiga íntima, […]

Onte 2117: «A nosa Negra» de Harriet E. Wilson

Lin de dúas sentadas A nosa Negra (Hugin e Munin 2020), a novela de Harriet E. Wilson anosada dende o inglés ao galego por María Reimóndez. Unha oportuna edición dun orixinal publicado en 1859, que chega quince anos despois de que o fixera en castelán na castellonense editorial Ellago do noso admirado editor Francisco Villegas […]

Onte 2116: #XelaArias2021

Desde o día de aninovo veño publicando diariamente no perfil de Twitter chíos e fíos arredor da figura e da obra de Xela Arias coa intención de contribuír a dinamizar a celebración do vindeiro 17 de maio. Utilizando o cancelo #XelaArias2021 e o espírito colaborativo da rede pretendo ir perfilando durante uns meses unha sinxela […]

Compañeiro Luís «Ferreiro»

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao pasamento de Luís González López «Ferreiro»: Hai cinco anos Luís González López «Ferreiro» agasalloume cun pequeno triángulo vermello invertido, unha insignia que dende entón levo prendida orgulloso na lapela da miña chaqueta. Expliquei moitas veces que se trataba da marca empregada nos campos de concentración […]

Onte 2115: Entrevista a Tita Fernández Paz

Xulio Villarino, sobriño de Agustín Fernández Paz, fíxome chegar este documento de grande interese literario, a conversa (doce minutos) entre Tita Fernández Paz e a súa neta Aldara sobre a orixe da pulsión literaria do mestre Agustín. Tita explica o interese literario de Agustín por nacer nunha familia moi lectora, de carpinteiros e músicos, que […]