Jaureguizar: a novela, un dilema moral
Na súa intervención Jaureguizar explicou que na novela presenta un dilema moral que o lector ou a lectora debe resolver. Etiquetas: Jaureguizar
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Na súa intervención Jaureguizar explicou que na novela presenta un dilema moral que o lector ou a lectora debe resolver. Etiquetas: Jaureguizar
Hoxe presentamos a web. Actualización (21:30): O acto de presentación desta tarde serviu para xuntarnos unha media ducia de blogueiros interesados pola literatura: Alfredo Ferreiro, Pelachos, Martin Pawley, Folerpa, Kavafinho, Jaureguizar e eu mesmo.Para comezar, o autor fixo unha presentación da novela e, logo, dos contidos do sitio web onde se pretende dar conta tanto […]
Coñezo dende hai tempo os problemas que ten o meu admirado Pedro Gómez Valadés –presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (formada por máis de cen persoas de todos os partidos galegos), responsable comarcal de Esquerda Nacionalista e coordinador da revista Enclave– cun sector da UPG.Sempre confiei que se impoñería a sensatez, mais, como […]
Os membros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña fixéronos chegar información da homenaxe que se realizará o vindeiro venres, 9 de marzo, ás 19:30, no Peirao do Portiño do barrio de San Pedro de Visma da Coruña en lembranza do setenta aniversario da traxedia do Portiño. No acto intervirán Eliseo Fernández, Xurxo […]
A pesar de que non expresa quizais nada novo, este vídeo (23 minutos) sobre o fenómeno blog, dirixido por Manuel Campo Vidal, pode ser interesante para a explotación didáctica nos cursos da Secundaria. Describe con claridade o fenómeno da “febre dos blogs”, a utilidade cidadá e comunicativa e as súas vantaxes. Na mesma liña divulgativa, […]
Este 2007 o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) está organizado pola sección novacelandesa do IBBY baixo o lema “Stories Ring the World”.O texto da mensaxe foi preparado por Margaret Mahy (gañadora do premio Andersen 2006, o auténtico Nóbel da literatura infantil e xuvenil, adxudicado cada dous anos) e o cartel polo ilustrador […]
Hoxe El Pais de Galicia publica unha información sobre os asuntos de Finca do Conde e do xeneroso “apoio” de ING Real Estate á Volvo05. Unha atención moi oportuna (como tantas outras que se veñen publicando neste medio, xa de referencia) e clarificadora sobre o qué está sucedendo no Vigo gobernado polo Partido Popular. Estou […]
No artigo da semana volvo sobre a cuestión da violencia machista. Coincide cunha reportaxe sobre a incidencia deste problema na área metropolitana de Vigo e cunha entrevista moi interesante a Carme Adán, secretaria xeral de Igualdade, publicadas as dúas, tamén, no Faro de hoxe. Reiterar estes argumentos e análises parece necesario para concienciar sobre un […]
Despois dunha coidadosa xestación de dous anos onte, por fin, foi anunciada a primeira edición de Culturgal, a grande feira do libro e da industria cultural que organizamos os editores galegos. Esta Feira, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra do 10 ao 14 de maio, está chamada a converterse na grande cita […]
Onte viaxei a Melide para participar na primeira presentación d’ Os pecados capitais, a novela de Francisco A. Vidal gañadora do premio Terra de Melide 2005. O acto foi moi concorrido e a intervención do autor espléndida, situando a novela como unha reflexión sobre a quebra do amor e da amizade sobre o fondo dun […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
