Entradas por bretemas

Sabas libro

Camilo xa nos descubrira a cama-libro. Agora grazas a Txetxu (vía Mikel Agirrebaria) sabemos das sabas libro. Non hai dúbida que a lectura é, para algúns, a cama é un bo reclamo para a lectura. Eu, con todo, prefiro para ler unha boa butaca, aínda que son capaz de ler en calquera sitio. Ben sería […]

Premios Xerais 2007, os finalistas

Hoxe demos coñecer os finalistas dos tres premios. No Xerais de novela serán “Cardume”, “A perspectiva desde a porta” e “Un sábado longo”; no Caixa Galicia de literatura xuvenil, “Da illa”, “Illa soidade” e “Jonathan é un delfín”; e, por último, no Merlín de literatura infantil, “Carabranca”, “Minimaladas” e “Mácara Nácara”. Sorte para todos! Etiquetas: […]

Manifestación polo traslado de Reganosa

Hoxe fun con Agustín Fernández Paz a Ferrol para participar na manifestación, convocada polo Comité Cidadadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, co obxectivo de reclamar o traslado de Reganosa fóra da ría e a posta en liberdade de Bastida, o patrón da confraría de pescadores de Ferrol. A protesta (moi numerosa, catro mil […]

Pérolas machistas franquistas

Pedro (sempre tan oportuno) envioume por ecorreo esta presentación que recolle algunhas das máis disparatadas pérolas machistas franquistas sobre a muller publicadas en libros de texto da época. Un documento didáctico que merece ser arquivado. (Recomendo para ler ou imprimir os textos premer en “On Slide Shere” e na nova ventá visionar a pantalla completa.) […]

Xesús Manuel Marcos, Premio Terra de Melide 2007

Anunciouse hoxe o fallo do Premio de narrativa Terra de Melide 2007 no que participei como membro do xurado. A novela gañadora, A lúa dos everglades de Xesús Manuel Marcos, é un thriller cheo de intriga no que amodiño van converxendo tres historias moi emocionantes, aparentemente sen vencello entre elas, dos membros dunha mesma familia […]

Case perfecto: a primeira crítica

Montse Pena publica a primeira crítica de Case perfecto a última novela de Marina Mayoral. Eis un parágrafo do texto: “Case perfecto é tamén unha desas novelas que é complicado deixar de ler, que se devoran nunha ou dúas tardes. Os motivos non son outros que unha intriga ben dosificada (derivada de que ata as […]