A Coca rende
No artigo da semana propoño a recuperación da festa da Coca como parte do noso patrimonio inmaterial da humanidade. Un esforzo no que deben implicarse as autoridades do goberno de Redondela e da Consellaría de Cultura. Etiquetas: Coca
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
No artigo da semana propoño a recuperación da festa da Coca como parte do noso patrimonio inmaterial da humanidade. Un esforzo no que deben implicarse as autoridades do goberno de Redondela e da Consellaría de Cultura. Etiquetas: Coca
Lendo a entrevista de Corina Porro en El País-Galicia (moi lista a alcaldesa en funcións), algunha persoa con autoridade na agrupación local de Vigo do BNG debería desmentir rotundamente estas palabras: “El Bloque cedió ante temas de ciudad importantes. Y con él hallamos muchos más puntos de encuentro, de interés de ciudad, pese a no […]
Faro de Vigo agasállanos no día do fallo dos nosos Premios con esta reportaxe. Etiquetas: Premios_Xerais_2007
Teresa Moure e Xabier Blanco, o gaiteiro de Moaña, serán os dous artistas que participarán no acto de entrega dos Premios Xerais 2007 que se celebrará mañá na illa de San Simón.Xabier interpretará cos seus instrumentos pobres tres temas: “Mata o porco Pepa” (vasoira e cazo), “Moendo” (gaita de cana) e “A miña roseira” (tubela, […]
Terrorista, a primeira obra en galego de John Updike, é a historia de Ahmad Ashmawy Mulloy, un mozo de dezaoito anos que vive en New Prospect, unha antiga vila industrial do estado de Nova Jersey. Fillo de nai irlandesa-americana e de pai exipcio, que os abandona cando non tiña mais que tres anos, Ahmad non […]
500 anos de historia da pintura.Vía: Pedro Valadés. Etiquetas: Retrato_muller
Recomendo esta visión alentadora de Antonio Basanta sobre as relacións entre a lectura e a escola. Un alegato optimista da lectura, concibida coma unha vangarda para un desenvolvemento sostible. Unha moi razoada argumentación sobre a importancia das bibliotecas públicas e da necesidade de concibir as bibliotecas escolares como epicentro da comunidade educativa. Unha reflexión que […]
Na vindeira semana recibiremos os primeiros exemplares de Terrorista, a primeira novela de John Updike traducida ao galego, que aparecerá nas librarías ao mesmo tempo ca edición de Tusquets e Bromera. El Cultural (que como é adoito non anuncia as edición galega e catalana) publica esta interesante entrevista co moi respectado autor estadounidense. A tradución […]
Débora fai unha magnífica crónica da presenza de Suso de Toro en Bos Aires. Complétase con estoutra (tamén interesantísima) entrevista en Vieiros. Está cada vez máis clara a necesidade de que os nosos autores e autoras teñan contacto directo coa Diáspora galega. É impresindible rexenerar este tecido que nos une no proxecto común da nación. […]
Camilo xa nos descubrira a cama-libro. Agora grazas a Txetxu (vía Mikel Agirrebaria) sabemos das sabas libro. Non hai dúbida que a lectura é, para algúns, a cama é un bo reclamo para a lectura. Eu, con todo, prefiro para ler unha boa butaca, aínda que son capaz de ler en calquera sitio. Ben sería […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
