Acerca de bretemas
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Entradas por bretemas
Premios Xerais 2007, os finalistas
/en Premios, Xerais/por bretemasHoxe demos coñecer os finalistas dos tres premios. No Xerais de novela serán “Cardume”, “A perspectiva desde a porta” e “Un sábado longo”; no Caixa Galicia de literatura xuvenil, “Da illa”, “Illa soidade” e “Jonathan é un delfín”; e, por último, no Merlín de literatura infantil, “Carabranca”, “Minimaladas” e “Mácara Nácara”. Sorte para todos! Etiquetas: […]
Manifestación polo traslado de Reganosa
/en Política, Sociedade/por bretemasHoxe fun con Agustín Fernández Paz a Ferrol para participar na manifestación, convocada polo Comité Cidadadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, co obxectivo de reclamar o traslado de Reganosa fóra da ría e a posta en liberdade de Bastida, o patrón da confraría de pescadores de Ferrol. A protesta (moi numerosa, catro mil […]
Viraxes
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Política/por bretemasNo artigo da semana sintetizo a miña análise dos resultados das locais. Etiquetas: Artigos, Locais_2007
Pérolas machistas franquistas
/en Educación, Libro de texto, Slideshare, Sociedade/por bretemasPedro (sempre tan oportuno) envioume por ecorreo esta presentación que recolle algunhas das máis disparatadas pérolas machistas franquistas sobre a muller publicadas en libros de texto da época. Un documento didáctico que merece ser arquivado. (Recomendo para ler ou imprimir os textos premer en “On Slide Shere” e na nova ventá visionar a pantalla completa.) […]
Xesús Manuel Marcos, Premio Terra de Melide 2007
/en Autores, Narrativa, Premios, Xerais/por bretemasAnunciouse hoxe o fallo do Premio de narrativa Terra de Melide 2007 no que participei como membro do xurado. A novela gañadora, A lúa dos everglades de Xesús Manuel Marcos, é un thriller cheo de intriga no que amodiño van converxendo tres historias moi emocionantes, aparentemente sen vencello entre elas, dos membros dunha mesma familia […]
Antón Patiño: exposición virtual
/en Artes Visuais, Exposicións, Slideshare/por bretemasAquí tamén pode visitarse a máis recente exposición de Antón Patiño. Etiquetas: Antón_Patiño
Case perfecto: a primeira crítica
/en Autores, Críticas, Narrativa, Novidades, Xerais/por bretemasMontse Pena publica a primeira crítica de Case perfecto a última novela de Marina Mayoral. Eis un parágrafo do texto: “Case perfecto é tamén unha desas novelas que é complicado deixar de ler, que se devoran nunha ou dúas tardes. Os motivos non son outros que unha intriga ben dosificada (derivada de que ata as […]
A ortografía é unha actitude
/en Lingua, Vídeos/por bretemasTen toda a razón Tiscar. En galego, aínda que moitos non acrediten niso, tamén. Etiquetas: Ortografía
Análises dos resultados das locais
/en Política/por bretemasEntre as moitas análises nos blogs e na rede dos resultados das eleccións locais en Galicia interesáronme unhas cantas que enlazo para o arquivo: Fernando Varela: “Ganadores y perdedores”. Camilo Nogueira: “Non teñen remedio”. X.M. Pereiro: “Resaca electoral 3: quen gañou?” Vigoblog: “El ganapierde electoral” Xabier Cid: “As mellores eleccións posíbeis”. Martin Pawley: “27-M en […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Miss Vigo e a editorial Atlántica15 de Setembro de 2026 - 8:50 p.m.
Desilusión14 de Setembro de 2026 - 9:18 a.m.
O mestre das apertas12 de Setembro de 2026 - 9:18 a.m.
Avelino Rodríguez Elías cronista9 de Setembro de 2026 - 9:12 a.m.
Eugenio Krapf editor2 de Setembro de 2026 - 9:09 a.m.
