«A deleiba do mundo», o novo Maalouf
Este mes teremos nas librarías o novo Maalouf. Teño a impresión que este é un libro de ensaio que contribúe a introducir racionalidade e certas doses de esperanza no actual debate sobre a deleiba que vivimos.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Velaí a reportaxe que publica hoxe Vieiros sobre os «bestsellers» en galego. Outra volta cada un dos editores consultados debatemos sobre os conceptos de «bestsellers» e «longsellers» ou de edicón literaria ou de produtos de lecturasobre o teón de fondo da necesidade de ampliar as dimensión do noso mercado editorial. Hoxe a aposta de todos […]
Como xa fixemos noutras edicións, hoxe como é o Día do Blog, aproveitamos para felicitar a todos os blogueiras e blogueiras e para recomendar a lectura de 5 blogs doutras comunidades e linguas irmás da nosa que eu leo adoito co maior interese: Amálgama, blog colectivo brasileiro, que descubrín durante a crise de Gaza. e […]
SE NON HAI VENTO, BOGAR O encontro da primeira xornada é sempre decisivo xa que adoito sinala os niveis de expectativa para toda a tempada: loitar polo ascenso ou pola permanencia. Magoadamente onte o Celta non foi capaz de rachar esa tendencia negativa, consolidada nos últimos campionatos de segunda división, que lle impide estrearse cunha […]
No artigo da semana homenaxeo a Celso Emilio Ferreiro con motivo do 30 aniversario do seu pasamento (31 de agosto de 1979). Xornal de Galicia faise moi oportunamente eco da homenaxe que onte en Celanova a asociación Arraianos tributou ao poeta.
Publicamos un dos nosos títulos máis queridos. Creo que a tradución para o galego de Eva Díaz Rodríguez é magnífica. Chegará ás librarías na primeira decena do vindeiro mes de setembro.
O que máis me interesa da oferta de libros electrónicos de Sony é a súa aposta decidida polo EPUB, o formato libre que pretende converterse no estándar da edición dixital. Os arquivos que posúen a extensión “.epub” adáptanse e reformatéanse segundo o dispositivo e a pantalla, o que supón un enorme adianto con respecto ao […]
No artigo da semana lembro a peripecia editorial d’ A galiña azul, o primeiro libro infantil do meu querido Carlos Casares, e reflexiono sobre o que entendo son as razóns da súa utilización política por parte da Xunta de Galicia para denominar á anterior rede de galescolas. Este artigo, que fai o número 516 da […]
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/0isEeUJCWuA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Tras a solidez do xogo desenvolvido diante do Xixón, os celtistas podemos ter esperanzas de que a tempada que comeza o vindeiro sábado será a do ascenso? A pesar de que non somos adiviños, as boas vibracións deste novo Celta, cheo de canteiráns, xa non se poden agachar. Nos […]
Velaí o espazo web aberto onte por Prolingua. Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega. Pode lerse o manifesto fundacional, a presentación da plataforma e os principios que rexen o seu funcionamento. Unha iniciativa plural e apartidaria que apoiamos con todo o noso pulo.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
