Entradas por bretemas

Internet de futuro

No artigo da semana reflexionoso sobre o conflito xerado arredor da disposición adicional primeira da LES, a famosa «Lei Sinde» ou antidescargas, coa que o goberno pretende legalizar a posibilidade de pechar algunhas páxinas web sen control xudicial. Máis alá da necesidade de aprobar unha nova Lei de Propiedade Intelectual acorde co novo paradigma de […]

O difícil é ler

Gabriel Zaid hizo el siguiente diagnóstico hace ya varios años: «Hay millones de personas con estudios universitarios. Por mal que estén económicamente, pertenecen a la capa superior de la población. Pues bien, estos millones de personas superiores en educación y en ingresos, no dan mercado para más de dos o tres mil ejemplares por título, […]

Campo do Fragoso XCI

TRASHORRAS DECISIVO O Celta, conducido maxistralmente por Roberto Trashorras, obtivo fronte ao Cartaxena unha das máis convincentes vitorias en Balaídos da presente liga. Tres puntos de ouro que, despois do golpe de autoridade da pasada semana en Huelva, deixan ao equipo de Eusebio nunha zona un chisquiño máis temperada da táboa clasificatoria e aos seareiros […]

O impacto da crise económica sobre as industrias culturais

É moi oportuno que o Observatorio da Cultura Galega fixese público o seu primeiro informe arredor do impacto da actual crise económica sobre as industrias culturais galegas (pode baixarse completo en pdf, 18 páxinas). Para os que estamos vencellados profesionalmente co sector cultural en Galicia, estes datos expresan a situación de profundo enfriamento de cada […]

A trapallada ten a súa propia lei

Non hai en todo o orbe mundial un decreto máis marxista. Por suposto estou a falar do que ocorre no disparatado Camarote dos Irmáns Marx. Podería darse a circunstancia matemática, e non é broma, de que o voto dun só pai inclinase o modelo lingüístico dunha escola infantil perante catro anos. E en primaria e […]

Un síntoma preocupante

Esta noticia podería ser un síntoma dunha doenza preocupante. É incomprensible que se valore con apenas 83,53 euros o proxecto presentado na maís recente convocatoria de axudas pola Lonxa Literaria de Moaña, un dos primeiros Clubs de Lectura do país, tanto pola súa antigüidade, traballo ininterrompido dende hai sete anos, como polo calidade, diversidade e […]

Manifesto pola alfabetización

Por unha anotación do formidable blog de  Joaquín Rodríguez sei da publicación do «Manifesto pola alfabetización» (en pdf), un texto elaborado no Reino Unido por especialistas que reclama a implicación das autoridades e das diversas administracións na cuestión da lectura nesta era dixital. Encadrado dentro das iniciativas e programas do National Literacy Trust (unha institución […]

«Galego, un consenso feito cachizas»

Inevitablemente, no artigo da semana analizo o que entendo son as claves do avance do decreto (chamado) de plurilingüismo. Alberto Núñez Feijóo preferiu o pasado sábado participar nunha feira de exaltación do viño ca facelo na presentación dun avance do decreto chamado de plurilingüismo. Escolleu ao conselleiro de Educación e ao secretario xeral de Política […]