Entradas por bretemas

En clave de país

No artigo da semana en Faro de Vigo valoro o que entendo supuxeron os dous primeiros anos da lexisltura de Feijóo, ao tempo que reclamo unha acción política en clave de país. É unha mágoa que Alberto Núñez Feijóo durante os dous primeiros anos do seu goberno non fose máis afouto e intentase meterlle o […]

Semana da Biblioteca en Irlanda

«A xente intelixente usa bibliotecas intelixentes» («Smart people use smart libraries») é o lema da Semana da Biblioteca organizada en Irlanda do 7 ao 13 de marzo. Actos, lecturas, exposicións que mobilizan a toda a rede bibliotecaria. Unha boa iniciativa para emular en Galicia. Vía Trafegando ronseis.

Campo do Fragoso CIII

ATOADO Un Celta atoado perdeu diante do Huesca, un equipo moi barulleiro que aproveitou o despiste que no minuto dous cometeu un desafortunado Falcón, tras un remate de Roberto ao pao. Dende entón, os oscenses defenderon o valioso caroliño pechando os espazos aos nosos con doses elevadas de anticipación, moita paciencia, leña abonda e, cando […]

Cinco cancións

Os amigos e amigas de Radiofusión tiveron a xenerosidade de ofrecerme a posibilidade de comentar cinco das cancións que me gustan. Emitirán unha cada día laborable da vindeira semana (a de entroido). Esa foi a miña escolma (tan difícil): «No woman no cry», versión de Jonathan Butler. «Que tinguen sort», Lluis Llach (memorable a versión […]

Sons de Vigo

No artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío da apertura da páxina Sons de Vigo, reflexiono sobre a importancia da conservación do Patrimonio Sonoro medioambiental. Cada tempo ten os seus sons característicos. Cada lugar, aldea, barrio ou cidade posúe, tamén, unha identidade acústica, a creada polos sons do entorno, tanto os naturais como […]

Agustín Fernández Paz candidato ao premio Andersen

Gálix anunciou hoxe o nomeamento do escritor Agustín Fernández Paz como candidato da OEPLI ao Premio Andersen. Este premio, convocado polo IBBY, está considerado como o auténtico nóbel da Literatura infantil e xuvenil, razón pola que esta candidatura constitúe, xa en si mesma, outro importante recoñecemento para o autor de Contos por palabras. O fallo […]