Entradas por bretemas

Salma, escritora e política tamil, visita Galicia esta semana

Esta semana que comeza visitará Galicia Salma, a escritora e política tamil. Convidada por Implicadas/os no desenvolvemento, a autora de Despois da medianoite, longa novela traducida por María Reimóndez, que acabamos publicar en Xerais Narrativa, viaxou dende Támil Nadu (un estado índio que conta con 65 millóns de habitantes) até Galicia para falarnos de primeira […]

Escritora María Xosé Queizán

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da presentación o pasado venres do libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, reivindico o papel fulcral da escritora viguesa nas letras galegas contemporáneas. Queizán merece un recoñecemento institucional e cidadá que aínda non recibíu. Debe entrar a formar parte da […]

Dylan 70

Hoxe o mundo celebra o setenta aniversario do gran Bob Dylan, unha das figuras cimeiras da cultura do noso tempo. Hoxe é bo día para desvelar que Vicente Araguas anda a traducir para o galego unha escolma das súas cancións que pretendemos publicar nos vindeiros meses. Agardo que sexa outro fito para a lingua e […]

Os adeuses

No artigo da semana en Faro de Vigo fago unha glosa da exposición Os adeuses do fotografo Alberto Martí Villardefrancos. “Galicia é terra de adeuses” dixo Ramón Otero Pedrayo no discurso que pronunciou no paraninfo da Universidade de Santiago con motivo da inauguración do curso 1954-55. Esta frase rotunda, case un manifesto en cinco palabras […]

Campo do Fragoso CVIII

SAPOCONCHO O Celta achégase á primeira eliminatoria de ascenso á velocidade do sapoconcho, puntiño a puntiño. Unha estratexia satisfactoria para os que prefiren valorar todo o camiño percorrido e comproban o acerto de ter aproveitado no inicio as vacilacións dos seus rivais. Porén, unha fórmula moi desacougante, deprimente, para a maior parte dos que non […]

Bando do Día das Letras Galegas, Vigo

O alcalde de Vigo tivo a deferencia de encargarme a redacción do texto do Bando do Día das Letras Galegas. Vigueses e viguesas: A nosa cidade bicentenaria foi en 1963 berce do 17 de maio, o Día das Letras Galegas, unha efeméride creada pola Real Academia Galega a instancias de don Francisco Fernández del Riego, […]

«Lois Pereiro. Breve encontro», adianto da novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

Coincidindo coa celebración do 17 de maio, dende o blog de Xerais adiantamos hoxe 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre […]