Libros e lectura
Showtime Beyond Promo and Feature Presentation Intro 2008.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Showtime Beyond Promo and Feature Presentation Intro 2008.
Na entrevista ao Frankfurter Allgemeine o ministro de Guindos puxo a educación e á sanidade como próximos obxectivos das «reformas» do goberno Rajoy. Experimentados como estamos na interpretación destes eufemismos económicos, non é difícil interpretar que, probablemente, os orzamentos de 2013 ou o chamado programa de estabilidade incluirán importantes recurtes nos sistemas de educación e […]
Segundo os organizadores da Semana Santa de Vigo a falta de costaleiros, que obrigará á suspensión da procesión do Encontro, débese á «idiosincrasia» viguesa. O alto índice de «inmigración industrial», «a falta de tradición de procesións», «o despoboamento do centro» e, sobre todo, a baixa asistencia á misa dominical dos vigueses explica esta falta de […]
A querela da fiscalía por fraude fiscal contra Gerardo Conde Roa é un escándalo. Debullando sobre o relato do caso, non sei o que me produce maior repugnancia: se o feito de que deixase de declarar 291.289,43€ do IVE, que cobrou aos clientes aos que vendeu 61 vivendas de protección oficial, ou se a súa […]
Na mesa redonda sobre «A literatura e o audiovisual galegos e a súa proxección internacional» do Encontro Festlatino 2012 do Consello da Cultura Galega, na que participei xunto a Suso de Toro e Margarita Ledo, volvín defender a creación dunha Oficina da Literatura Galega. Experiencias exitosas como a catalá ensinan que para desenvolver unha extratexia internacional […]
No artigo semanal de Faro de Vigo volvo sobre a tremenda catástrofe das fragas do Eume. A historia explicará as razóns polas que Galicia sofre cada década unha catástrofe de grandes dimensións do seu patrimonio natural. En 1992 a marea negra provocada polo fundimento do Mar Exeo estragou a vida mariña nas rías de Ares, […]
Co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil iníciase abril, o mes dos libros por excelencia. Unha efeméride na que adoito tomamos o pulso a saúde a un dos subsectores de edición en Galicia máis dinámicos. A pesar dos efectos inevitables da crise, a nosa edición infantil e xuvenil presenta datos ben esperanzadores. Segundo o […]
As dimensións espectaculares do incendio desta fin de semana nas fragas do Eume –segundo a Consellaría de Medio Rural afectou a 750 hectáreas, aínda que outras estimacións, como a da Consellaría de Medio Ambiente chegan as mil e a do alcalde da Capela as 1.500– provocan desolación tanto polas perdas irreparables neste patrimonio da humanidade, […]
CELTA GALEGO Nove xogadores da Terra, a maioría formados na canteira da Madroa, formaron o equipo inicial dun Celta que confirmou con claridade a súa candidatura ao ascenso directo. A aliñación máis galega que lembramos en décadas, que nin sequera mellorou aqueloutra do ascenso da tempada 68/69, na que xogaban Costas, Manolo, Luis Villar, Lito […]
Nos días difíciles é cando máis se agradecen as boas noticias. Nova Escola Galega recibirá o domingo 20 de maio o premio Pedrón de Ouro. Recoñécese así o seu labor de tres décadas a prol da galeguización educativa e da renovación pedagóxica en todas as etapas e eidos do sistema educativo. Expreso a miña gratitude […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
