Entradas por bretemas

Preescolar na casa

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a situación agónica de Preescolar na casa. A falta de apoio da Xunta de Galicia obrigará a un probable peche de Preescolar na Casa. Fundado en 1977 en Lugo por Antonio Gandoy, o queridísimo “crego da bicicleta”, secretario de Cáritas Diocesana Galicia, este programa tratou de […]

Onte 282: Martín Codax

A visita á Bodega Martín Codax, que nos agasallou cun moi sabedeiro xantar para celebrar os 35 anos dos Premios da Critica Galicia, demostroume o excelente papel social e cultural desta empresa cooperativa dedicada á produción e comercial de viños. A diversificación e calidade dos seus produtos, a inequívoca modernización dos seus procesos, como a […]

Onte 280: «Atl», a distopía de Manuel Lourenzo

Despois de varios meses de intensa e concienciuda edición, chegaron os primeiros exemplares de Atl, a obra de Manuel Lourenzo González gañadora da XXIX edición do Premio Blanco Amor de novela. Este fermoso volume de 540 páxinas e encadernación acartonada contén un texto no que se propón un novo achegamento á Atlántida, o continente perdido, […]

Onte 279: Paíño, o pichichi rebelde

Gustoume moito que as páxinas deportivas de Faro (sempre excelentes) sinalasen no pasamento de Manuel Fernández «Paíño» a súa condición de futbolista lector e rebelde. Efectivamente, o goleiro de San Paio de Navia, de quen nos falaba con saudades meu pai, pichichi que foi en primeira división co Celta (no 48) e co Madrid (no […]

Onte 278: Bernardo García Cendán in memoriam

Magooume o pasamento de Bernardo García Cendán. Coñecino da man de Agustín Fernández Paz, que o tiña por irmao maior. Grande lector, Bernardo presentou moitos dos nosos libros en Vilalba e Lugo con mestría. Admirei sempre a súa cordialidade infinita, a súa disposición incondicional, o seu verbo preciso, a súa cultura extraordinaria, a súa actitude […]