Entradas por bretemas

Onte 334: Medalla galega

A primeira medalla galega provocou un comprensible estourido de entusiasmo. A prata olímpica de Xavier Gómez Noya nunha das disciplinas máis duras destes xogos é froito da fortaleza, do tesón e do sufrimento, ao longo dunha década de adestramentos e competicións, dun atleta espectacular, mesmo capaz de superar unha doenza cardiaca ao comezo da súa andaina. […]

Onte 333: Viñetas desde o Atlántico

Antes da sesión de presentacións e da asinatura de Agustín na Feira do Libro, visitamos a animadísima  feira de «Viñetas desde o Atlántico». Un fervedoiro de xente, unha marabilla! Tras quince de anos, o evento coruñés de promoción da banda deseñada, dirixido por Miguelanxo Prado, a pesar dos ventos da crise, está plenamento consolidado. Funciona […]

Onte 332: Serán na casa

Dediquei a tarde na que Vigo quedou ocupado a gozar do atletismo e da lectura dun orixinal engaiolante. A procesión do Cristo  é unha mobilización popular potente que non é doado interpretar. Os sectores conservadores e neoconservadores utilízana como unha manifestación do seu respaldo social. Despois de cinco décadas, preferimos non cabrearnos, coma nos sucede […]

[Fermín Bouza na presentación de «A derrota de Galicia» de Antón Baamonde, Feira do Libro da Coruña, 04-08-2012]

O mito da Galicia conservadora cumpre a función de facer de nós seres máis pesimistas do que somos.

[Josep María Castellet, «Autorretrtato do editor ben educado», en «El País, 04-08-2012]

Eu creo que o editor ten que ser un oínte paciente, non ha de intervir de máis.