Entradas por bretemas

Onte 377: Barreras

Sempre tiven unha querenza especial por Barreras, onde traballaron o meu padriño, o meu tío e varios curmáns da miña nai. Como o que sucedeu no estaleiro nunca me foi alleo, durante o último ano sentía enorme desacougo e tristeza cando pasaba por diante e comprobaba que a grada de Beiramar continuaba completamente baleira, testemuña […]

Onte 376: «As voces baixas» de Manuel Rivas

Traballamos toda a tarde con Manuel Rivas pechando a edición d’ As voces baixas. Quedamos moi satisfeitos da fixación do texto desta auténtica novela da vida que como lectores nos fixo tanto rir coma chorar. Sei que estamos diante dunha obra moi singular, na que o humor e a dor, a memoria persoal e a […]

Onte 375: Proyecta

Sabiamos dende hai tempo da xestación da Plataforma Proyecta, unha iniciativa de educación dixital promovida pola Fundación Amancio Ortega Gaona. Onte foi o día no que comezou o lanzamento deste proxecto concibido para que o profesorado non universitario poida compartir obxectos e contidos educativos dixitais, ademais de contar con ferramentas para crealos e de espazos […]

Onte 374: Galicia emigrante

Esta magnífica anotación de Cadernos de Comunicación publicada en Praza amosa con claridade meridiana o repunte do fenómeno emigratorio en Galicia. O pasado ano 2011 foron 29.880 os cidadáns galegos que decidiron buscar o seu futuro fóra do territorio do país, 20.653 noutras comunidades españolas e 9.357 no estranxeiro. Unha barbaridade! Pola contra a chegada […]

Onte 373: Chamamento de Prolingua

A segunda Asemblea de Prolingua, ademais de elixir unha nova Cerna directiva e aprobar un programa de actuación para os dous vindeiros anos, aprobou un importante chamamento aos partidos e organización políticas con motivo do 21-O. Un texto que inclúe un decálogo referido ao fomento e defensa da lingua galega no que ben sería reparasen […]

Onte 372: Contrarreforma Wert

A reforma educativa do ministro Wert recentralizará os contidos das ensinanzas mínimas até o 75% do horario escolar, porcentaxe que baixará até o 65 en comunidades como Galicia con lingua oficial, satisfacendo así unha das vellas aspiracións das posicións educativas máis conservadoras. Outrosí sucederá co aval que recibirá o modelo de educación diferenciada (reivindicada polos centros […]

Onte 371: The Joy of Books

Tras tres xornadas seguidas do intenso Seminario sobre edición de libro electrónico, impartido por Antón Lado e no que participamos trinta editores galegos, é inevitable para os que gozamos co arrecendo dos libros expresar un aceno de perplexidade, entre unha doce melancolía e un ilusionante entusiasmo. Vivimos un momento de tránsito, onde a pesar das […]

Onte 370: Independencia

Tras a grande manifestación da Díada, onte o president da Generalitat comprometeuse a encabezar o proceso que dote a Cataluña das estruturas dun estado de seu. Elegante eufemismo que non agocha o camiño cara a independencia de Cataluña no marco europeo. Outrosí pode suceder no País Vasco, a partir do 21-0, se os partidos soberanistas […]