Entradas por bretemas

Onte 408: «Ler para Conectar», sobre o Plan de Lectura do País Vasco

«Ler para Conectar» é o lema escollido polo Plan de Lectura do País Vasco que onte coñecimos polo noso bo amigo Txetxu Barandiarán. Unha iniciativa interesantísima que se convertirá, a partir de agora, en referencia nas políticas públicas de lectura futuras. O plan vasco asume un concepto de lectura 2.0, tanto dende a súa dimensión […]

Onte 407: Ferrol, cidade barco

Viaxamos a Ferrol para acompañar a Xesús Constela na presentación diante da súa tribo de 15.724. Como sucedera en Pontevedra, as intervencións de Adolfo Caamaño e do autor foron magníficas e a presenza de público en Sargadelos moi numerosa. No entanto, onte houbo unha importante diferenza, o protagonismo indiscutible de Ferrol, a quen Constela, tras […]

Onte 406: Crenza na luz

Excelente foi a laudatio que Paz Raña pronunciou con motivo do nomeamento oficial de Agustín Fernández Paz como socio de honra de Gálix 2012. Nun texto de escritura miniada moi fermosa, Paz salientou o compromiso do autor de Aire negro coa renovación pedagóxica e coa transformación das aulas como “o lugar onde a realidade dialoga […]

Onte 404: O século de Llanos

Só catro días despois do pasamento de Guillermo Cameselle, aos 97 anos morreu Ángel Llanos, o fotógrafo todoterreo, a memoria dun século na cidade de Vigo. Como Prosperi e Pacheco, Ángel formaba parte dunha xínea familiar con presenza en Vigo dende hai 125 anos, cando chegou o seu avó procedente de Valencia. Fotógrafo independente dedicou […]

Bibliotecas sen libros

No artigo da semana en Faro de Vigo critico que o Goberno suprimise dos Orzamentos Xerais do Estado de 2013 a partida destinada a adquisición de libros e fondos bibliotecarios. José Ignacio Wert deixará ás Comunidades Autónomas sen cartos para a adquisición e distribución de libros e outros fondos documentais para a mellora das bibliotecas […]

Onte 401: Lectura en pantallas

Preparando unha intervención sobre as mudanzas da lectura, que me encargaron para incluír nun curso do CFR de Vigo, volvín sobre os estudos de Thierry Baccino sobre a lectura en pantallas. Para o director científico do Lutin da Villete, a lectura sobre pantalla esixe un maior nivel de intervención do cerebro e un comportamento cognitivo […]

Nin lingua nin liberdade, é o poder

Enlazamos o artigo publicado en Faro de Vigo por Alejandro Tobar, como voceiro da Cerna da plataforma Prolingua, en resposta a outro anterior de Ignacio López-Chaves, vicesecretario do PP de Vigo. Esta de Tobar é unha peza esencial para desmontar as falacias dos argumentarios da «liberdade lingüística», acuñados para si polos membros do Partido Popular […]