Entradas por bretemas

Onte 460: Fútbol é fútbol

Celebramos a primeira presentación dun libro nas magníficas instalacións do espazo cultural d’ A Nave de Vidán. O xornalista Xosé Hermida e o seleccionador galego Fernando Vázquez conversaron con Jacobo Buceta sobre os contidos dun libro que radiografía o mundo do fútbol e dos seus protagonistas. Hermida comezou a súa intervención salientando que “hoxe no […]

Onte 459: Mural de Conde Corbal

No edificio principal da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, onde celebramos onte a excelente presentación do libro de Jacobo Buceta, coñecimos un interesante mural de Xosé Conde Corbal no que aparecen algunhas das figuras da literatura galega. Nesta peza en branco e negro, estimo que dun tamaño de dous por seis metros, aparecen retratados co trazo potente, […]

O galego ameazado pola LOMCE

No artigo da semana en Faro de Vigo analizo o segundo borrador da LOMCE, con particular atención ao que atinxe á modificación que introduce no estatus das linguas cooficiais distintas do castelán. Como membro dunha xeración de profesorado comprometido coa renovacion pedagóxica e a normalización da lingua e cultura galegas sinto indignación pola deriva que […]

Onte 458: Celta inofensivo

Apenas un fallo de Túñez, que non chegou por pouquichiño a un centro dende a esquerda de Ibai, abondou para que Aduriz marcase a pracer e o Atlethic gañase ao Celta na súa visita á Catedral. A pesar de que na segunda parte controlou todo o xogo, na práctica o Celta amosouse inofensivo, romo diante […]

Onte 457: Keep Calm and Speak Catalan

Esta campaña a prol da Som Escola está inspirada naqueloutra («Keep Calm and Carry On») que en 1939 o goberno británico deseñou para elevar a moral cidadá en caso dunha invasión alemá, que non chegou a producirse. Máis alá da brincadeira que supón, esta iniciativa (como a de «Gústame o galego») amosan a importancia de utilizar […]

Onte 456: Acougo

Tras varias semanas de actos e viaxes seguidas, aproveito a tarde enteira para acougar na casa e ler devagariño. Hai varios orixinais que agardan dende hai tempo. Ler, anotar, acoutar, consultar, corrixir, valorar, escribir son tarefas indispensables para preparar o diálogo cos autores dos manuscritos. É o momento decisivo no que o editor se compromete […]

Onte 455: Cos Merlín no Porto

Foi intensa a xornada na Escola Superior de Educaçao do Porto participando nos décimo oitavos Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil. Particular interese para nós tivo a xornada de tarde na que se celebrou un encontro con escritores galegos premiados no Merlín (Fina Casalderrey, Ramón Caride, Antonio García Teijeiro e Marcos Calveiro), senllas sesións […]