Entradas por bretemas

Onte 478: Wedding

A razón da nosa viaxe a Toronto foi participar onte na voda dun noso sobriño. É innegable que nos sorprendeu o rito co que se desenvolveu a cerimonia do matrimonio xudío, iniciada coa lectura en galego e inglés dun poema de Ana Romaní, e na que se utilizaron até cinco linguas, con importante presenza da […]

Onte 477: The World Needs More Canada

Saquei esta foto na libraría !ndigo do centro comercial Eaton, no corazón de Toronto. Unha relación de escritores e escritoras, dende Margaret Atwood, Saul Bellow a Michael Ondaatje, músicos (Neil Young ou Celine Dion) e outros artistas constitúen o reclamo para expresar a creatividade e produtividade da industria cultural canadiana. Unha iniciativa concibida, tamén, para […]

Onte 476: #IdleNoMore

Margaret Atwood, a nosa admirada narradora canadiana, veciña de Toronto, apoia dende o seu moi activo perfil de Twitter a difusión do hashtag #IdleNoMore a prol da defensa das comunidades indíxenas das primeiras nacións canadianas. O pasado 10 de decembro, milleiros de persoas mobilizáronse nas rúas das principais cidades canadianas baixo o lema «Idle No […]

Onte 474: Humor

Durante a viaxe cara Toronto fun trufando a lectura de La danza de la gaviota, a última novela de Camilleri, coa dos últimos numeros de Mongolia e El Jueves, dúas revistas de humor que están collendo moito pulo. Como sucedera durante o período de Reforma Política, cando mercabamos con fidelidade militante Hermano Lobo ou El […]

Onte 473: O Apalpador

Na nosa casa non chegou o Apalpador xa que non hai picariños para lle agarimar a barrigola. Porén, moito me prestaría que pasase pola nosa porta para nos contaxiar o seu espírito xeneroso, ventureiro e inconformista. Fronte os repunantes que cuestionan os saberes do pandingueiro, son dos que cre que é unha grande fortuna contar […]

Onte 472: Reconto de cedés

Son dos que continúa mercando música galega en cedé. As novidades máis recentes na miña discoteca galega foron Alén do mar do gaiteiro Óscar Ibáñez, unha excelente descuberta pontevedresa que lle agradezo aos pintores Antón Pulido e Antón Sobral;  aCadaCanto de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, un álbum marabilloso, que […]

Onte 471: Twitter 4.000

O meu perfil de Twitter superou onte as 4.000 persoas seguidoras. Non agocho a miña perplexidade polo feito, non exenta de satisfacción, tanto por ser unha cifra elevada para un perfil cuxa lingua vehicular é a galega, coma polo acicate que supón na estratexia, na que vimos teimando dende hai nove anos, de contribuír a […]