Entradas por bretemas

Onte 486: Isaac

É inevitable asociar a ledicia e ilusión infantil do día de reis con Isaac Díaz Pardo xa que hai un ano que o acompañamos na súa derradeira viaxe. Pareceume unha excelente idea que no acto do seu cabodano se utilizase para lembralo un verso do seu amigo Lorenzo Varela «Unha cesta de pombas e mazás». […]

Campo de Fragoso CXXXI

MAGOS CELESTES Na matinal de reis, os magos celestes agasallaron á bancada cunha contundente e merecidísima vitoria fronte ao Valladolid, un equipo sempre moi incómodo para os nosos, un rival directo co que temos librado mil e unha batallas decisivas. Durante a semana xa advertira Herrera da importancia de sacar adiante este encontro con Pucela […]

Onte 484: Aterraxe

A nosa longa viaxe de regreso dende Toronto alongouse catro horas debido á supresión do voo de Iberia a Vigo. Sen comunicación previa ningunha nin posibilidade de alternativa, quedamos varados na T-4 durante sete horas. A única explicación que recibimos foi que a «supresión» se debía «a posta en vigor dos novos horarios durante estes […]

Onte 483: Baltar

Nunca me chistou Xosé Luís Baltar. Nunca me pareceu un ghicho do que un se podía fíar, nin sequera cando deu mostras do seu galeguismo e da lealtade coa lingua e cultura de noso. Só falei con el unha vez na miña vida. Foi en 2000, a raíz da edición do libro de homenaxe a Manuel […]

Onte 482: Niagara

Os nosos agarimeiros e xenerosos anfitrións canadenses, a familia Morgenstern, prepararon unha excursión a Niagara para visitar as famosas cataratas. Non nego que funcionou como un aliciente sentimental desta visita o mito acuñado pola película inesquecible que hai sesenta anos fixo estrela a Marilyn Monroe. Non houbo queixa. O par de horas que pasamos en […]

Onte 481: ROM

Dedicamos unhas cantas horas á vista do ROM (Royal Ontario Museum), un antigo museo de historia natural reconvertido en museo das culturas para o goce dun público familiar e escolar. Na primeira ollada, semella un museo moi ecléctico, cunha moi potente e atractiva colección de dinosauros (quizais das mellores do mundo), mais na que tamén […]

Onte 480: The Distillery

Aproveitamos as derradeiras horas de luz do ano para visitar The Distillery district, unha intervención urbanística sobre o que foi a destilería de Gooderham and Worts, unha típica peza da arquitectura industrial vitoriana. Adoptando un modelo moi conservacionista na fasquia das edificacións, The Distillery é unha peza do que entendemos por «factoría cultural». Un teatro, […]

Onte 479: Frida & Diego

Non decepciona a exposición Frida & Diego instalada no AGO do chinatown torontino na que se percorre o itinerario biográfico e artístico de ambos os dous pintores comunistas mexicanos durante o cuarto de século no que compartiron as súas vidas. A exposición amosa o poder transformador da arte e da política («Art is a weapon», […]