«Sete Caveiras», booktráiler
O booktráiler que preparou Miguel Abad para a novela de Elena Gallego Sete Caveiras paréceme espectacular.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6850 entries already.
O booktráiler que preparou Miguel Abad para a novela de Elena Gallego Sete Caveiras paréceme espectacular.
Resultou excelente a homenaxe que onte se lle tributou no Balneario de Mondariz a Carlos Oroza con motivo do seu noventa aniversario. Gostei moito da intervención de Tomás Paredes Romero, para quen «un poeta é un acontecemento», o que para o crítico de arte granadino sucede en contados escritores de versos. Tras expresar a súa […]
O escritor Xosé Lois Ripalda vistoume onte para me agasallar co seu libro máis recente, A cultura do viño, e para entregar ao persoal da editorial exemplares do Almanaque Agrícola ZZ 2014 publicado por Syngenta. Outro ano máis o popular ZZ inclúe un traballo de Ripalda, «Os carpinteros de ribeira», como gañador do certame de […]
Grazas ao bibliófilo Guillermo Escrigas soubemos onte da existencia da editorial Cartel, que funcionou en Vigo durante a Guerra Civil, sendo probablemente un precedente daquela exitosa editorial Cíes de Eugenio Barrientos. líder da edición popular en España durante as primeiras décadas de posguerra. Instalada no número 8 da rúa Velázquez Moreno, a editorial Cartel publicaba […]
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo organiza dende hai tres anos un obradoiro de nanas impartido por Xabier Díaz e Guillermo Fernández. O arrolo (ou cantigas de berce, nanas ou anainas) é unha forma musical universal que dende os primeiros días permite transmitir a quen máis queremos o noso latexo, a nosa calor, o […]
Os informes publicados onte por Intermon Oxfam poñen de relevo que un dos efecto da devaluación interna que sofrimos, agochada baixo o eufemismo de «crise», é o aumento da desigualdade e da pobreza. Intermon denuncia que no mundo só 85 persoas millonarias posúen unha renda idéntica á da metade da poboación mundial. En España as […]
No artigo da semana en Faro de Vigo lembro o centenario do Pergamiño Vindel. Non debe pasar desapercibido o centenario da descuberta do “Pergamiño Vindel”, peza fulcral do patrimonio bibliográfico galego, conservada dende 1977 na biblioteca Pierpont Morgan de Nova York. Un pergamiño da segunda metade do século XIII, atopado como forro dun códice do […]
A cidade finesa de Pori é coñecida polo seu festival internacional de Jazz. Creado en 1966, cada mes de xullo este festival das músicas do swing reúne a máis de cen mil afeccionados que asisten ao cento de concertos de jazz, blues, soul programados en dez apretados días. Un festival musical que arraigou tanto nos […]
Son cada vez máis numerosas as voces que expresan a súa cautela sobre a velocidade do proceso de dixitalización do sector do libro e da lectura. Ninguén nega a hibridación actual do sector (a convivencia de formatos impresos e dixitais, en función de formatos e tipoloxías de edición) nin a mudanza inevitable cara o paradigma […]
A sempre inexplicable providencia laica fixo que o anuncio do inédito de Rosalía de Castro (que non era tanto) coincidise coa chegada do prelo dos primeiros exemplares de Rosalía de Castro. Imaxe e realidade do profesor Fernando Pereira Bueno, o libro co que Xerais celebrará o 24 de febreiro, o vindeiro día de Rosalía 2014. Un […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
