Entradas por bretemas

Campo do Fragoso CLIII

PECHE MEMORABLE Nun serán de festa e exaltación celtista, o equipo de Luis Enrique pechou a tempada en Balaídos de forma memorable. Noqueou ao contraataque e con aparente facilidade a un Madrid asequible, eivado sen a súa temible tripla dianteira. Os dous golazos de Charles puxeron en evidencia as fraquezas defensivas do equipo de Carlo […]

Onte: 971 Balbordo en Pontevedra

Tiñamos previsto realizar onte na Feira do Libro de Pontevedra dous actos que tivemos que cancelar. A celebración dun festival musical organizado por Cáritas e Mans Unidas, na mesma praza da Ferrería onde está instalada a feira, provocou un balbordo tremendo que impediu desenvolver as actividades literarias previstas. Nun serán con elevada presenza de visitantes na feira, […]

Onte 970: «Liña azul» de David Pobra

Presentamos onte no salón de plenos do concello de Ribeira Liña azul, a obra de David Pobra gañadora da IVª edición do «Premio de novela cidade centenaria». Creo que o de Ribeira é xa un certame de noveliña (entre os 80.000 e os 140.000 caracteres) consolidado grazas aos excelentes textos de Begoña Paz, Ignacio Silva, Goretti Fariña e […]

Onte 969: Con Teresa González Costa no Grove

Magnífica presentación a do serán de onte na Galería Besada do Grove d’ Os santos nunca dormen, a novela máis recente de Teresa González Costa. Coincidindo tamén coa inauguración de «Almas de cántaro», unha impresionante exposición da pintora sevillana Virginia Bersabé, Teresa regresou ao seu Grove natal para reivindicar «que esta novela desenvólvese nun lugar […]

Onte 968: Grosse Coalition

Tras o acordo orzamentario de Caballero e Figueroa en Vigo, hai indicios de que o PSOE e o PP poden repetilo no concello de Lugo. Sería outro froito do modelo da Gran Coalición, acuñado por Merkel en Alemaña, na que o partido socialdemócrata abaixa os brazos diante do conservadorismo liberal, que ameaza con expandirse en España como a mellor […]

Onte 967: PISA, críticas de expertos internacionais

Publicouse onte en The Guardian un importante artigo, escrito en forma de carta aberta a Andrea Schleicher, coordinador do programa PISA, na que oitenta e seis profesores de facultades de Educación de universidades dos Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Australia, Nova Zelandia e países nórdicos, denuncian as consecuencias negativas provocadas polos rankings de PISA nos […]

Noam Chomsky

Unha lingua é o depósito da riqueza da súa cultura. Cada lingua é un xeito de entender e interpretar o mundo.

Onte 966: Luis Enrique

Non hai ledicia que moito dure no Campo do Fragoso. Tras unha excelente tempada na que o Celta recuperou da man da canteira e dun grupiño de xogadores internacionais de calidade pingas do espírito do xogo da serpe de fin de século, Luis Enrique acode ao chamado de Zubizarreta coa intención de culminar a súa […]